Publicación electrónica en liña que recolle actualizado o informe anual da tuberculose, editado polo Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose, con datos do ano 2014 e evolución do período 1996-2014.

Recompilación das disposicións normativas de política social publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) en 2015. A información clasifícase en cinco grandes epígrafes: consellería, familia, inclusión, maiores e persoas con discapacidade e xuventude e voluntariado.
A publicación "Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Memoria 2014" presenta os datos da actividade desenvolvida ao longo do pasado ano. Inclúe, entre outras, as seguintes epígrafes: identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, Centro de Formación en Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxía e sistemas de información, e servizo de atención ao usuario.
Recompilación de poemas (haikus) de escritores/as e alumnado do IES Pintor Laxeiro de Lalín.
Boletín de periodicidade trimestral que recolle novas e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Guía electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias, as prestacións económicas da Seguridade Social, o conxunto de permisos e excedencias, os beneficios fiscais de ámbito autonómico, as medidas e beneficios fiscais de ámbito estatal e os servizos, plans e programas. Todo iso encamiñado a apoiar e favorecer todos os membros da unidade familiar.

Boletín que ofrece artigos científicos recentes, relacionados coa asistencia sanitaria á urxencia e a emerxencia, considerados de referencia para profesionais da sanidade.
Publicación electrónia en liña con contido dirixido ao persoal técnico sanitario e ao persoal das ONG que traballan no campo do VIH-sida. Trata o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva da infección e non do dunha enfermidade; así coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas coma ás prácticas de risco e a distribución temporoespacial.
Resumo da actividade global de descrición detallada da actividade realizada polos distintos servizos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol ao longo do ano 2014, tanto no hospital coma nos centros de saúde.
Documento de actualización sobre coidados paliativos. O enfoque previsto do texto é multidisciplinar; tenta abranguer todas as necesidades que se producen na atención a pacientes que precisan esta atención, na que se inclúen necesidades asistenciais ou a abordaxe psicosocial, emocional ou espiritual. Trátase dun boletín que pretende ofrecer un enfoque práctico, no que se describen as últimas evidencias en coidados paliativos.
Publicación electrónica en liña da instrución que recolle os obxectivos a acadar na campaña 2015, así como os aspectos técnicos relacionados coas vacinas que se van utilizar, e outra información relativa a súa xestión, distribución e rexistro das doses. Vai dirixida a todos os profesionais sanitarios dos puntos de vacinación (públicos e privados) que participan nela.