Cartel anunciador do certame Xuventude Crea 2015, escollido como gañador do concurso convocado para o efecto.
Cartel anunciador do certame Xuventude Crea 2015, escollido como gañador do concurso convocado para o efecto.
Publicación periódica mensual en liña na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOU).
Novo boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación dos seus usuarios.
Boletín trimestral no que se recollen novidades e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Anuario dos premios do certame de creadores novos Xuventude Crea 2015 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas dos premidados nas once especialidades, así como de fotografías dos autores e das obras gañadoras.
Folleto que recolle información relativa aos accidentes de traballo rexistrados en Galicia no ano 2015. Trátase dun avance no que se amosan datos de especial interese e que teñen carácter previo á publicación do anuario de sinistralidade laboral, no que se amosan datos referidos aos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia.
Informe xeral de actividade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no ano 2015, na que, tras unha breve reseña da natureza e función desta axencia pública autonómica, exponse a actividade desenvolvida durante o exercicio 2015, así como os principais logros acadados.
Estudo, análise, diagnose, posta en valor e divulgación do patrimonio cutural, material e inmaterial da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés. Rutas de sendeirismo e rutas de BBT.
Resumo e fichas verbo do patrimonio material e inmaterial e os elementos que compoñen a Reserva da Biosfera Gerês-Xurés, en todos os seus concellos.
Informe publicado electronicamente en liña relativo aos grupos de ocupación con mellores resultados no mercado laboral comarcal, consonte o movemento de persoas contratadas e demandantes de emprego.
DVD explicativo das medidas preventivas que se deben adoptar respecto dos equipos de traballo a bordo de buques de pesca. Está dirixido aos traballadores do mar.
Segunda edición de Ocupesca, na que se dan a coñecer os resultados referidos á poboación ocupada nos buques con porto base en Galicia e nos establecementos acuícolas galegos durante o ano 2013 e a súa facturación económica durante o ano 2012.