Catálogo

Amosando 493 - 504 de 1423

Publicación cuxo contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera dende a perspectiva de infección e non de enfermidade. Así, coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas e prácticas de risco como á distribución temporoespacial.


 

0,00 €
Autor/a
Iglesias González
Xaime
Ilustrador/a
Castro Méndez
José M.
Revisor/a
Villar Aira
Sara
Lingua/s
Galego

Publicación de carácter didáctico en formato electrónico, dirixida a toda a comunidade educativa, así como a persoas interesadas nos refráns e nos refraneiros galegos. Distínguese unha primeira parte teórica e outra posterior en que se propoñen diferentes actividades didácticas divididas por niveis de ensino. Setenta e oito debuxos de José M. Castro Méndez acompañan os textos.

Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.

Selección de las disposiciones normativas más destacadas en el campo de las políticas sociales elaboradas por esta consellería y publicadas a lo largo de un año en el Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, se dan los siguientes datos de cada registro: título de la disposición, núm. de DOG y fecha de publicación y acceso a la norma en formato PDF y HTML.

Entidade
Galicia. Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis salientables no ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.

Este folleto fai un percorrido polos lugares relacionados co tema xacobeo da cidade de Compostela e mais da súa contorna: desde as antigas portas da cidade, pasando por Casas Reais, A Quintana ou As Praterías, ata a catedral, as rúas da zona monumental etc. Así mesmo, recolle outros lugares de vital importancia relacionados co Camiño pero que están afastados da cidade: o monte Pedroso, o Pico Sacro, Iria Flavia e Padrón. Inclúe, ademais, un plano e un mapa que reflicten os devanditos lugares.

O boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias presenta as novidades máis salientables en medicina de urxencias e emerxencias aplicables ao traballo asistencial dos profesionais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñeceren, a se aceptaren e a viviren a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.

 

A desnutrición é un problema coñecido nos pacientes hospitalizados, especialmente nos pacientes críticos. A prevalencia no paciente hospitalizado oscila entre un 30 e un 60% e é máis elevada no paciente grave debido á alteración no metabolismo dos diferentes substratos e ao déficit de nutrientes.
Obxectivo: diminuír a variabilidade na valoración do risco de malnutrición e optimizar a terapia nutricional especializada (TNE) nos pacientes críticos hospitalizados no Servizo Galego de Saúde, realizando unha valoración do risco de malnutrición e un tratamento homoxéneo dos pacientes críticos con risco en todos os hospitais do Sistema sanitario público de saúde de Galicia.

Autor/a
Blanco López
Rosa María [et.al].
Lingua/s
Galego

O programa FEMORA recompila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas. Protocolizar os coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica, o que propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso asistencial.

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.