Catálogo

Amosando 481 - 492 de 1424
0,00 €
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

O deseño para a innovación ocupa un lugar destacado na estratexia actual de crecemento, mercado interior, industria, emprendemento e pemes da Comisión Europea. Co obxectivo de mellorar o coñecemento e a comprensión do deseño polas empresas como factor estratéxico relevante, esta primeira publicación, O deseño como motor. Casos de éxito quere poñer en valor a relación dos deseñadores coas empresas como elemento de competitividade.

Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.

Autor/a
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Lingua/s
Galego

Catálogo da exposición, con 144 imaxes, que ilustran a presenza dos nenos e as nenas nos documentos custodiados polo AHP Lugo, estruturados en 7 seccións que percorren a multiplicidade de espazos, tempos e actividades en que participan. As sete seccións titúlanse: tempo de saúde, tempo de familia, tempo de aprender, tempo de lecer, tempo de festa, tempo de deporte e tempo de traballo.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

 

Boletín informativo de periodicidad bimestral elaborado por la Sección de Publicaciones y Estadísticas de la Secretaría General Técnica de la Consellería de Política Social. Se estructura en varias secciones: Actualidad, Estadísticas, Alertas y Normativa, y tiene como principal objetivo informar sobre las actuaciones más destacadas de la Consellería en su ámbito competencial y la información y formación de las personas usuarias.

Autor/a
Varios
Lingua/s
Galego

Trátase dunha publicación que pasou do formato clásico en papel a páxina web. Esta revista continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula e recensións de obras editadas recentemente. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado.

Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario, entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social.

Autor/a
Fidalgo
Elvira
Autor/a
Fernández Guiadanes
Antonio
Lingua/s
Galego

ArGaMed é unha serie de publicacións en liña que complementa os proxectos Lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa María, Prosa literaria galega medieval, e mesmo BiRMED, todos eles desenvolvidos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Publica dous números por ano, que poden conter estudos ou edicións (críticas ou paleográficas, novas ou revisadas) relacionados cos proxectos mencionados.
Este nº 1 corresponde á transcrición paleográfica do Códice de Florencia das Cantigas de Santa María.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
Lingua/s
Galego

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.