Resumo da actividade asistencial, administrativa, docente e investigadora, así como da súa estrutura.
Resumo da actividade asistencial, administrativa, docente e investigadora, así como da súa estrutura.
Cartel conmemorativo do Día Mundial da Sida 2020.
O obxectivo é dar a coñecer os resultados do Programa galego de detección precoz do cancro de mama.
Procedemento de aplicación en todos os centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde para a detección precoz de mulleres en situación de violencia de xénero.
Recomendacións de manexo da muller embarazada con sospeita ou confirmación de Covid-19 durante o parto e nacemento
Documento de análise do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, descrición do circuito organizativo do programa e principais resultados do período 2013-2019.
Boletín coas últimas actualizacións bibliográficas en urxencias e emerxencias sanitarias.
Un dos problemas máis frecuentes que atopa o colectivo dos refuxiados no sistema sanitario é o problema de comunicación provocado polo descoñecemento do idioma.
Para isto, un dos itinerarios formativos do Programa de mellora da asistencia sanitaria ás persoas refuxiadas, solicitantes e beneficiarias de protección internacional ten o obxectivo de facilitar o acceso e o coñecemento do sistema sanitario a estas persoas mediante ferramentas formativas relacionadas co desenvolvemento dalgunhas técnicas de diagnóstico, consultas con especialistas etc.
Os vídeos de accesibilidade cognitiva permiten salvar a barreira idiomática para que estas persoas poidan comprender, de forma sinxela, os pasos que se seguen nas diferentes situacións da atención sanitaria.
O vídeo para a dispensación da vacina axuda a reducir a ansiedade ou descoñecemento previos á consulta.
A revista ten como obxectivo relatar dun xeito ameno a investigación que se vén realizando no CIAM a día de hoxe no agro galego.
Recompilación e difusión dos datos estatísticos máis salientables dos sectores agrogandeiro, forestal e alimentario galegos do ano 2019.
Este libro está deseñado principalmente para que os alumnos dos cursos de acreditación de competencia en benestar durante o transporte aprendan as nocións básicas necesarias para trasladar os animais por estrada.
Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, presenta un novo número. Este volume n.º 20, correspondente ao ano 2018, está composto por catro artigos que xiran arredor das novas tecnoloxías aplicadas á fraseodidáctica, da paremioloxía galega do viño e da fraseoestilística da tradución poética bielorrusa. Tamén se inclúen unha escolma da fraseoloxía de Tabeirós extraída da obra Contiños da Terra (1931) de Manuel García Barros, sete recensións de obras relevantes do eido e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2018