Resumo da actividade realizada por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, durante a anualidade de 2021.
Resumo da actividade realizada por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, durante a anualidade de 2021.
Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen en situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levados a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.
Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñecer, a se aceptar e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.
Folleto no que se indican as principais recomendacións para a prevención das exposicións a sílice cristalina respirable en talleres e obras.
Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.
Recompilación, tanto bibliográfica coma das experiencias da empresa de base tecnolóxica (EBT) do Laboratorio de Micoloxía da Uvigo, MycoGalicia Plantae, no cultivo de fungos produtores de cogomelos comestibles e de uso micoterapéutico ou nutracéutico, coas indicacións tanto para facelo industrialmente coma na propia casa.
O número que se presenta pretende, mediante o uso de imaxes, converterse nunha guía rápida de identificación das enfermidades máis importantes da vide en Galicia.
Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social durante 2022 e relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).
Neste novo número da revista Agroexprés (nº 6) dedicamos a portada e o primeiro artigo ao noso compañeiro de redacción Julio. Ademais, contamos con outros artigos de temáticas variadas que esperemos que vos informen e entreteñan: unha colaboración dunha investigadora do Centro de Investigación Forestal de Lourizán sobre a prevención dos lumes; dous traballos interesantísimos da Evega; os resultados dun longo ensaio dos investigadores do CIAM; un traballo de colaboración entre o CIAM e o Ligal; e, para rematar, outra colaboración entre o CIAM e a Universidade de Santiago.
Informe de datos estatísticos sociolaborais referidos ao ano 2022.
Este libro tenta ofrecer unha simple ferramenta visual de identificación destes rechamantes moluscos pertencentes á orde Nudibranchia, coñecidos popularmente como lesmas de mar ou nudibranquios, mediante fotos realizadas no seu hábitat natural, a toda persoa interesada, tanto profesional como afeccionada, desde biólogos, educadores científicos, mergulladores curiosos, mariñeiros ou ata simples observadores das pozas intermareais.
O libro Esponxas mariñas de Galicia é unha obra divulgativa e de consulta especializada, que pretende achegar a fauna mariña da nosa comunidade dunha maneira nova, isto é, mostrando os animais da maneira na que se atopan no medio natural. As descricións incluídas na obra son o resultado de máis de 10 anos de estudo e recollida de datos que permiten achegar información suficiente como para que calquera persoa que teña interese poida achegarse a este grupo de animais tan descoñecido e, tradicionalmente, só ao alcance dos especialistas. O libro contén información sobre máis de 220 especies de esponxas, acompañadas de máis de 520 fotografías submarinas a toda cor, que complementan as descricións e achegan detalles importantes para a identificación.