O libro recolle as bases metodolóxicas para a elaboración de plans locais de saúde. Pretende ser unha ferramenta de apoio para os equipos de atención primaria que queiran orientar a súa actividade cara a un enfoque comunitario.
O libro recolle as bases metodolóxicas para a elaboración de plans locais de saúde. Pretende ser unha ferramenta de apoio para os equipos de atención primaria que queiran orientar a súa actividade cara a un enfoque comunitario.
Documento de acollida aos pacientes e familiares cando ingresan nunha unidade de hospitalización a domicilio.
Este procedemento intégrase no programa Femora que recopila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Ten como finalidade describir as actividades encamiñadas a proporcionar fármacos ao paciente por vía intramuscular.
Boletín editado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para dar a coñecer os últimos avances en urxencias prehospitalarias.
Memoria da actividade desenvolvida pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao longo do ano 2018. Describe diferentes áreas, entre elas, recursos globais, actividade global, Centro de Formación en Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes de Galicia, Área de Calidade, Gabinete de Comunicación, Servizo de Sistemas e Tecnoloxías da Información e Servizo de Atención ao Usuario.
A presente Guía Práctica de Feridas traumáticas agudas de partes brandas. Guía nº8, intégrase dentro da Colección de Guías Prácticas de Feridas do Servicio Galego de Saúde (Sergas); de acordo coas estratexias e liñas de acción promovidas a través do Programa Úlceras Fóra que coordina a Subdirección Xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa.
Esta guía confórmase como unha síntese das mellores intervencións e prácticas preventivas ou terapéuticas dispoñibles para o coidado das persoas con feridas traumáticas agudas nas partes brandas, segundo a práctica clínica baseada na evidencia científica máis actual.
Informar a poboación dos resultados do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia no ano 2020.
O programa Femora recolle procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Protocolizar os coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica que lles propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso.
Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo do ano 2020 no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.
Publicación que describe o Programa galego para a detección precoz da xordeira en período neonatal´: obxectivo xeral, obxectivos epecíficos, poboación obxectivo, probas de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como resultados no período 2019.
Publicación que recolle os resultados do Programa galego de detección precoz do cancro de mama. Evolutivo 1992-2018.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado anualmente polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2019 e evolución do período 1996-2019.