Esta unidade didáctica ten como obxectivo achegar ao alumnado de 3º e 4º de ESO a importancia da vacinación, ao tempo que pon de manifesto a relevancia histórica da Real Expedición que partiu a comezos do século XIX desde A Coruña para levar a vacina da varíola ao continente americano.
Así mesmo, destácase o papel fundamental que tivo na expedición a galega Isabel Zendal, enfermeira e reitora do orfanato da Coruña, considerada pola Organización Mundial da Saúde a primeira enfermeira da historia en misión internacional. Deste xeito, a guía facilita aos docentes recursos innovadores aplicables ás materias de Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia ou Cultura Científica.