Catálogo

Amosando 1057 - 1068 de 1367

Informe que describe o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama,obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2008.

Proceso no que se define a actuación asistencial que deben levar a cabo os profesionais sanitarios da área de referencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ante un paciente con insuficiencia cardíaca. No texto especifícase a importancia dunha atención rápida e eficar e determina paso a paso o labor de cada un dos profesionais no seu posto de traballo, Atención primaria, urxencias, Servizo de Cardioloxía, admisión.

O informe describe o Programa galego de detección precoz do cancro de mama, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2010.

Guía práctica para unificar e protocolizar o tratamento ós pacientes con dor e os fármacos a aplicar en cada unha das situacións posibles. Cada un dos 25 autores, persoal sanitario e non sanitario do centro de diferentes servizos, como dixestivo, urxencias, oncoloxía… abordaron a encomenda da Comisión de Dor do CHUS e analizan os tratamentos máis efectivos e as circunstancias posibles nas distintas abordaxes ós pacientes condor dentro do ámbito hospitalario.

Documento no que se describe o traballo de estudo, análise e consenso dos profesionais implicados na elaboración do Proceso Asistencial de Cardiopatía Isquémica Crónica nos doentes da área sanitaria de Santiago. O grupo de traballo estivo conformado por especialistas en cardioloxía, medicina familiar e enfermería, Trala análise da situación actual, o grupo de traballo explica os principais obxectivos e motivacións para a instauración do proceso para expor despois os principais criterios consensuados de inclusión, tratamento, e derivación dos doentes con cardiopatía isquémica crónica. Tamén inclúe e aesplicación do programa educativo específico para doentes coronarios.

Informe anual descriptivo das características dos casos de tuberculose rexistrados en Galicia no ano 2010, facendo tamén referencia á evolución desde o ano 1996 (1º ano avaliado desde a posta en marcha do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose).