Catálogo

Amosando 613 - 624 de 1368
Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

O número 18, 2016 de Cadernos de Fraseoloxía Galega está estruturado en catro seccións principais. A sección "Estudos" contén cinco artigos sobre diversos aspectos da fraseoloxía e da paremioloxía do galego, do alemán, do portugués, do catalán e do kikongo. A sección "Recadádivas" alberga dous traballos de recollida de material fraseolóxico en Cuntis e Forcarei. En "Recensións" analízanse 6 obras publicadas recentemente e, finalmente, na sección "Novas" dáse conta de referencias bibliográficas, congresos, recursos... dos últimos tempos.

Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

O Plan de prevención do suicidio en Galicia nace cun dobre obxectivo: reducir a taxa de suicidio e establecer medidas para diminuír o sufrimento das persoas que presentan un intento de suicidio e das súas familias. Este plan establece un compromiso claro do Goberno galego con relación ao problema do suicidio, a prol dunha resposta integral das institucións para a súa prevención. Un aspecto considerado clave é conseguir que a prevención do suicidio sexa una prioridade multisectorial, integrando a todos os axentes implicados nunha mesma estratexia. Con este plan quérese priorizar a prevención do suicidio na axenda da atención á saúde mental e concienciar acerca do suicidio como un problema global.

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Autor/a
Varios
Lingua/s
Galego

A irrupción na vida cotiá dos contornos 2.0, os servizos de mensaxería instantánea e as redes sociais, proporcionan numerosas vantaxes e comodidades. O seu potencial é indiscutiblemente inmenso, pero tamén o son os riscos para a intimidade e a honra das persoas. A formación nas normas básicas de xestión da identidade dixital de todos os membros da comunidade educativa, en calidade de usuarios da comunidade global da internet, facilitará a creación dun adecuado clima e hábito de uso, e forneceraos de ferramentas axeitadas.
Esta guía fai un repaso, empregando un formato dinámico de preguntas e respostas, tanto en texto como en pílulas de vídeo, por aqueles conceptos, cuestións e inquedanzas que se deben enfrontar como comunidade educativa.

Entidade
Danagroup
Lingua/s
Galego

O proxecto Nutriage nace co obxectivo de asegurar o envellecemento saudable da poboación a través dunha alimentación baseada na dieta atlántica. Neste manual de identidade corporativa da marca gráfica de Nutriage decríbense algunhas regras para a súa correcta aplicación e colocación, segundo os casos: en convivencia con outras marcas, medios audiovisuais, papelería, publicidade en prensa e outras aplicacións.

Publicación dirixida a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, que trata o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual. Infórmase sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfermidade. Desta forma coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas como ás prácticas de risco e á distribución temporoespacial.