Resumo da actividade global, de descrición detallada, da actividade realizada polos distintos Servizos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol ao longo do ano 2017, tanto no hospital como nos centros de saúde.
Resumo da actividade global, de descrición detallada, da actividade realizada polos distintos Servizos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol ao longo do ano 2017, tanto no hospital como nos centros de saúde.
O informe Saídas profesionais comarcais traballa sobre a base dos grupos de ocupación con mellores resultados no mercado laboral comarcal, de acordo co movemento de contratos e demandantes de emprego.
Manual de uso da identidade corporativa do proxecto RedMay (Rede de apoio e mantemento comunitario de persoas maiores no contorno rural mediante a tecnoloxía e a innovación no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal). Os elementos desta marca serán utilizados sempre conxuntamente co logo do Programa Interreg V-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020
As interaccións e relacións entre iguais inciden no desenvolvemento social dos nenos e adolescentes, pero non sempre estas relacións son de carácter positivo. A existencia dos conflitos exixe de todos e, particularmente, do sistema educativo, unha aprendizaxe para o seu entendemento, a súa xestión e a súa resolución, dentro dun marco de convivencia e cultura da paz. Así, na Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, abórdase por primeira vez no plano lexislativo o tratamento de situacións de acoso, partindo da definición destas situacións de acordo cos criterios xeralmente admitidos pola comunidade pedagóxica, e inclúe a problemática derivada do mal ou inadecuado uso das novas tecnoloxías. E, no seu artigo 30, disponse que cada centro docente incluirá un protocolo para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar no seu plan de convivencia, que se recolle neste documento.
Anuario dos premios do certame de creadores novos Xuventude Crea 2017 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas doce especialidades, así como de fotografías das autoras e dos autores e das obras gañadoras.
O Consello de Bioética de Galicia ten como misión asesorar a Administración e os profesionais da saúde, promover no ámbito sanitario a formación e a consideración da bioética como criterio de calidade e boa práctica profesional, e contribuir á información e ser foro de referencia do debate bioético na sociedade galega. O obxectivo do novo documento estratéxico é dirixir a atención ás posibles situacións de vulnerabilidade das persoas anciás e interpelar os cidadáns, os profesionais e os poderes públicos para combinar de xeito harmónico catro elementos: vulnerabilidade, ancianidade, ética e Galicia.
Guía farmacoterapéutica de utilización no ámbito sociosanitario, especialmente naqueles centros que dispoñen de convenio do Servizo Galego de Saúde para a subministración da prestación farmacéutica no marco do programa de atención farmacéutica. Esta guía de medicamentos encóntrase dirixida a todos os profesionais sanitarios cuxo ámbito de actuación é o sociosanitario e nace co obxectivo de homoxeneizar a prestación farmacéutica subministrada aos residentes nestes centros independentemente da xerencia de xestión integrada encargada da prestación.
Instrución para os profesionais sanitarios dos puntos de vacinación de Galicia con contidos técnicos e de xestión da campaña de vacinación antigripal 2018, para a súa publicación na web.
O proceso asistencial integrado da esclerose lateral amiotrófica elaborouse co obxectivo de crear un proceso de traballo común en todas as áreas para facilitar a asistencia sanitaria ás persoas diagnosticadas desta enfermidade.
Establécense actuacións como o asesoramento continuo, as consultas en acto único, a coordinación asistencial, tanto entre especialidades como coa atención primaria e a coordinación administrativa do sistema sociosanitario.
Neste proceso participaron profesionais das diferentes áreas sanitarias especialistas en neuroloxía, endocrinoloxía, pneumoloxía, psicoloxía clínica, rehabilitación, traballo social e hospitalización a domicilio.
O boletín de información terapéutica do Servizo Galego de Saúde é un novo boletín onde se quere informar sobre novidades relevantes na terapéutica. No nº 1 do ano 2018 informamos sobre unha nova estratexia en materia de seguridade dos pacientes. O obxectivo do boletín "Prácticas seguras con medicamentos de uso crónico I" é dar a coñecer a evidencia científica dispoñible (estudos, alertas de seguridade, boletíns, consensos de expertos...) sobre o risco que pode levar consigo a utilización de certos medicamentos en determinadas situación clínicas ou cando están asociados a outros medicamentos, así como proporcionar recomendacións para evitar potenciais problemas de seguridade, en relación con 14 criterios seleccionados.
O boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias presenta as últimas novidades sobre a atención á urxencia e á emerxencia no ámbito extrahospitalario.
Esta publicación reúne os procedementos asistenciais que deben seguir os profesionais para realizar o diagnóstico e tratamento precoz da sepse nos dispositivos asistenciais do Servizo Galego de Saúde, o sistema de rexistro de datos de actividade do plan no aplicativo Vixía, a sistemática de seguimento e avaliación do plan, cos correspondentes indicadores e estándares que se pretenden alcanzar, o procedemento para a implantación do plan e a bibliografía utilizada para a súa elaboración.