Catálogo

Amosando 469 - 480 de 1367

Memoria da actividade desenvolvida pola Unidade de Diagnóstico por Imaxe dependente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, dende a súa posta en funcionamento o día 4 de setembro de 1996 ata a súa integración na EOXI de Vigo o día 1 de xullo de 2019. Inclúe referencias ao seu sistema de xestión, a súa actividade asistencial, evolución da súa tecnoloxía, incorporación de técnicas innovadoras e actividade científica, e recolle ao final unha cronoloxía dos feitos máis salientables acontecidos nese período.

Informe que describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como os resultados no período 2018.

Coordinador/a
Monteagudo Romero
Josefina
Coordinador/a
Mosquera Álvarez
Rocío
Coordinador/a
Álvarez Rodríguez
Miguel Ángel
Coordinador/a
García Cepeda
Begoña
Coordinador/a
Lomba Martínez
Patricia
Coordinador/a
Piñeiro Redondo
Alicia
Lingua/s
Galego

Documento estratéxico que recolle o marco de traballo para avanzar na humanización do Servizo Galego de Saúde.

0,00 €
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

O deseño para a innovación ocupa un lugar destacado na estratexia actual de crecemento, mercado interior, industria, emprendemento e pemes da Comisión Europea. Co obxectivo de mellorar o coñecemento e a comprensión do deseño polas empresas como factor estratéxico relevante, esta primeira publicación, O deseño como motor. Casos de éxito quere poñer en valor a relación dos deseñadores coas empresas como elemento de competitividade.

Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.

Autor/a
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Lingua/s
Galego

Catálogo da exposición, con 144 imaxes, que ilustran a presenza dos nenos e as nenas nos documentos custodiados polo AHP Lugo, estruturados en 7 seccións que percorren a multiplicidade de espazos, tempos e actividades en que participan. As sete seccións titúlanse: tempo de saúde, tempo de familia, tempo de aprender, tempo de lecer, tempo de festa, tempo de deporte e tempo de traballo.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

 

Boletín informativo de periodicidad bimestral elaborado por la Sección de Publicaciones y Estadísticas de la Secretaría General Técnica de la Consellería de Política Social. Se estructura en varias secciones: Actualidad, Estadísticas, Alertas y Normativa, y tiene como principal objetivo informar sobre las actuaciones más destacadas de la Consellería en su ámbito competencial y la información y formación de las personas usuarias.

Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario, entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social.