Catálogo

Amosando 349 - 360 de 1374
Editor/a literario/a
Brea López
Mercedes
Editor/a literario/a
Lorenzo Gradín
Pilar
Lingua/s
Galego

Resulta difícil pensar que aínda quede algo novo por dicir sobre unha figura tan trascendental para a historia e as letras hispánicas do s. XIII como é a de Afonso X o Sabio. Non obstante, cando o especialista se achega á súa figura, tropeza cunha serie de “nebulosas” que envolven, sobre todo, as súas vicisitudes biográficas, en particular no que toca á súa relación con Galicia. E este é, precisamente, o eixo deste volume, publicado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que persegue unha perspectiva interdisciplinar que dea cabida tanto a visións históricas e á análise de manifestacións artísticas canto ao coñecemento da corte poética dun rei que soubo harmonizar como ningún outro a tradición lírica profana e a relixiosa.

Editor/a literario/a
Cochón
Luis
Editor/a literario/a
Caamaño Pérez
Laura
Lingua/s
Galego

Vinte e catro achegas de diversos autores e autoras conforman este volume número 44 de Cadernos Ramón Piñeiro dedicado a Xela Arias. Traballos biográficos, literarios e mesmo xornalísticos achégannos á realidade vital e literaria dunha das escritoras máis senlleiras do noso pasado recente

Informe que describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como os resultados no período 2020.

Monografía dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia correspondente ao ano 2019, de acordo co tratamento estatístico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tramitados e procesados polo Issga, como órgano técnico en prevención de riscos laborais.

Monografía dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia correspondente ao ano 2018, de acordo co tratamento estatístico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tramitados e procesados polo Issga, como órgano técnico en prevención de riscos laborais.

Monografía dedicada a la estadística descriptiva de la siniestralidad laboral en Galicia correspondiente al año 2018, de acuerdo con el tratamiento estadístico de los partes de accidentes laborales y de las enfermedades profesionales, notificados a la autoridad laboral de Galicia y tramitados y procesados por el Issga, como órgano técnico en prevención de riesgos laborales.