Catálogo da exposición organizada polo Museo das Peregrinacións e de Santiago "Le gens du chemin" sobre as peregrinacións ao santuario de Saintes Maries de la Mer (Francia).
Catálogo da exposición organizada polo Museo das Peregrinacións e de Santiago "Le gens du chemin" sobre as peregrinacións ao santuario de Saintes Maries de la Mer (Francia).
Edición do número 23 (ano 2013) da revista Croa, órgano de expresión científica e difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborado polo propio centro, coa colaboración da súa Asociación de Amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve ademais para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.
En 1993 Paul Gilroy cuñou o termo "Atlántico Negro" para se referir á fusión das culturas negras con outras de todo o Atlántico. O seu libro tivo unha enorme influencia na percepción e na análise da cultura negra no campo dos estudos culturais e alentou debates críticos que seguen en marcha. "Afro Modern. Viaxes polo Atlántico negro" recolle esa idea do océano Atlántico como continente en negativo, como unha rede de culturas circundantes e interconectadas que abrangue África, América do Norte e do Sur, o Caribe e Europa, e perfila rutas reais e imaxinarias emprendidas por artistas de todo o Atlántico desde 1909 até os nosos días.
Catálogo da exposición A aventura modernista, celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña, no que se inclúen as reproducións fotográficas de todas as obras, así como os textos introdutorios.
Trátase dun folleto-guía visual con textos e imaxes en cor da exposición temporal do mesmo título e un anexo coa tradución en castelán.
A monografía Bas Jan Ader. Entre dos tierras recupera o traballo dun dos artistas máis fascinantes da segunda metade do século XX. Dacabalo entre o romanticismo de Friedrich e oracionalismo de Mondrian, pero cos dous pés firmemente instalados nas novas linguaxes conceptuais que se xestaban en California, a súa obra é hoxe esencial para as novas xeracións de artistas.
Terceiro libro dentro dunha liña editorial na que se recollen os bosquexos, as notas e a evolución do camiño que vai da xestación até a presentación final das producións do Centro Coreográfico Galego.
Libro-catálogo da exposición sobre Faustino Santalices que se fará no Museo Etnolóxico de Rivadavia.
Catálogo da exposición do mesmo título. Faise un percorrido polos ritos de paso e polos actos festivos, para facer ver as súas diferenzas e polo tanto o específico da celebración. A tese exposta exemplifícase a través das dúas manifestacións de festa nunha mesma sociedade como é a Festa da Virxe do Portal e a Festa da Historia. Finalmente faise alusión a outras festas do calendario festivo de Ribadavia.
Con este libro inaugúrase unha serie de publicacións de guías metodolóxicas coas que se pretende contribuír ao coñecemento dos procedementos da arqueoloxía e das súas ciencias auxiliares co obxectivo de servir de axuda na interpretación do rexistro arqueolóxico. A Guía de arqueobotánica ten por obxecto proporcionar orientación sobre os criterios e métodos da arqueoloxía nesta materia, e facilitando directrices e elementos para a recuperación dos materiais orgánicos en contextos arqueolóxicos. Ademais, acompáñase de información complementaria en soporte dixital, formularios e etiquetas, base de datos e informes de diversas actuacións cara a facilitar a planificación dos traballos.
Obra de banda deseñada en homenaxe a Uxío Novoneyra, autor ao que a Real Academia Galega lle dedicou en 2010 o Día das Letras Galegas. Recolle a vida do poeta desde a súa irrupción pública no eido da escrita, a través dos ollos dunha testemuña que o contempla desde a adolescencia até o final.
O libro recolle unha selección das actuacións realizadas no ano 2008 no patrimonio arqueolóxico estruturada en capítulos segundo os tipos de actuación: de conservación e posta en valor (tanto en xacementos arqueolóxicos como no patrimonio construído), actuacións preventivas no ámbito urbano, no medio rural e no medio subacuático, as actuacións para o inventario e catalogación, e por último un novo capítulo dedicado á conservación e restauración de materiais. Ademais inclúese un artigo que resume a actividade do Servizo de Arqueoloxía no 2008 e finalmente un apéndice cunha táboa na que se recollen todas as actuacións autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no mesmo código do expediente, o título deste e o arqueólogo director.