Catálogo

Amosando 541 - 552 de 784
Director/a
Ferro Ruibal
Xesús
Lingua/s
Galego

Número 13, 2011 de 'Cadernos de Fraseoloxía Galega'. Contén 13 artigos verbo de diferentes aspectos da fraseoloxía e paremioloxía (en perspectiva taxonómica, cognitiva, histórica, xeográfica, literaria, didáctica ou de uso por idades). Ofrécense unhas 3.000 unidades fraseolóxicas galegas recollidas recentemente na Terra de Bergantiños (Galicia). Faise recensión de dez libros publicados recentemente e que conteñen traballos de 150 especialistas de todo o mundo. Dáse noticia de 6 congresos desenvolvidos no ano 2011, de 133 artigos ou libros de recente aparición e de 23 recensións desta especialidade: entre elas está a referencia detallada da aparición dun dicionario de fraseoloxía castelán-galego en formato electrónico e dunha aplicación paremiolóxica galega para Iphone. A información e a análise que forman este volume de 515 páxinas está elaborada por investigadores de todas as idades e niveis de ensino (incluído o básico) e de diferentes países europeos.

Coautor/a
Neira Vilas
Xosé
Coautor/a
Vilavedra
Dolores
Editor/a literario/a
Requeixo
Armando
Lingua/s
Galego

Publicación que recupera un importante material documental e epistolar entre dous persoeiros decisivos na historia literaria, cultural e sociopolítica da Galicia de aquén e alén mar na segunda metade do século XX. Consérvanse un total de sesenta e nove cartas cruzadas entre Piñeiro e Neira Vilas. O período que cobre esta correspondencia vai desde o 5 de xaneiro de 1959 ata xaneiro de 1990.

Autor/a
Otero Espasandín
Xosé
Editor/a literario/a
Cuquejo Enríquez
María
Colaborador/a
Ferreiro Fente
Xosé Gregorio
Lingua/s
Galego

Obra do escritor Xosé Otero Espasandín, morto no exilio nos Estado Unidos, que recompila por primeira vez material de xornais e revistas, ao tempo que analiza as claves do seu quefacer lírico e a traxectoria biográfica do autor. Inclúe tamén a súa produción epistolar.

Actas do Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos nas que se recollen os artigos referentes aos relatorios e comunicacións presentados. Contén tamén un CD no que, mediante un índice, pode accederse aos arquivos en PDF e JPG dos pósteres que estiveron expostos durante as xornadas nas que se desenvolveu, na recepción do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Os pósteres recollen diversas experiencias, tanto de España como de Portugal, de xacementos musealizados e preparados para a visita do público. Aínda que a lingua prioritaria é o galego, mantivéronse as orixinais dos artigos (galego, castelán, portugués e inglés), debido á natureza internacional do evento.

8,00 €
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo que recolle o traballo de sete fotógrafos do norte de Portugal, no que cada un nos amosa a súa particular visión fotográfica dunha catedral, a través dun percorrido polas sés do norte do país veciño.

Temáticas