Catálogo

Amosando 781 - 792 de 2049
0,00 €
Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Inglés

Este folleto componse dun libriño de 8 páxinas en que se fai un breve percorrido polo mundo das peregrinacións, a historia do Camiño de Santiago, ritos e costumes da catedral etc. No seu interior, grampado, contén un despregable de 8 corpos que inclúe planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos etc. Así mesmo, a epígrafe “Mais alá do Camiño” anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

0,00 €
Autor/a
Grupo de traballo do proxecto Biblioterapia: Lecturas saudables
Lingua/s
Galego

O obxectivo deste documento é difundir o proxecto de biblioterapia entre pacientes e público en xeral. Este proxecto xurdiu durante unha colaboración da Consellería de Sanidade con pacientes afectados por depresión e as súas familias. Con este punto de partida, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde comezou a traballar na articulación dunha iniciativa para revisar a evidencia científica dispoñible sobre o uso dos libros con fins terapéuticos e na implementación do proxecto

0,00 €

O obxectivo desta publicación é poñer en marcha un proxecto de biblioterapia que xurdiu durante unha colaboración da Consellería de Sanidade con pacientes afectados por depresión e as súas familias. Con este punto de partida, a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) comezou a traballar na articulación dunha iniciativa para revisar a evidencia científica dispoñible sobre o uso dos libros con fins terapéuticos e na implementación do proxecto.

Publicación cuxo contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera dende a perspectiva de infección e non de enfermidade. Así,  coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas e prácticas de risco como á distribución temporoespacial.