Catálogo

Amosando 1897 - 1908 de 2048

Material de autoaprendizaxe deseñado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene para ser empregado como curso a distancia por organizacións empresariais ou sindicais, mutuas ou outras entidades interesadas neste tipo de formación. Axudan ás empresas españolas, especialmente as pequenas e medianas, a cubrir a formación dos traballadores que deben desempeñar funcións preventivas de nivel básico.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Operación estatística extraída da información facilitada polos propios interesados sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa así mesmo, sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Traballo e Benestar coas actuacións máis salientables da consellería no ano en curso.
A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca a excepción do primeiro capítulo no que se analizan temas de carácter máis transversal como estrutura orgánica, competencias, publicacións e estatísticas, etc.

Guía técnica do ISSGA cuxo obxectivo é a elaboración do documento de protección contra explosións. Este documento é obrigatorio en certas instalacións, de acordo co Real decreto 681/2003, sobre protección da saúde e a seguridade dos traballadores expostos aos riscos derivados de atmosferas explosivas no lugar de traballo, trasposición da Directiva 1999/92/CE