Catálogo

Amosando 1729 - 1740 de 2049

A revista recolle a publicación dos estudos xurídicos feitos polos letrados da Xunta de Galicia e outros profesionais do Dereito. O número 6 que saíu en outubro de 2011 é a continuación do número 5 e tamén do número 1,2,3 e 4 da publicación seriada "Revista da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia" da cal se publicou o número 0 en xaneiro do 2003. A revista ten carácter semestral.

0,00 €

Estudo cualitativo e cuantitativo con perspectiva de xénero sobre a situación das mulleres no sistema de ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia, no que se achega información sobre as barreiras aínda existentes no acceso e na promoción das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía galega, tanto no sector público coma no privado ao tempo que se busca a identificación sistemática das causas da desigualdade evidenciada numericamente, na procura de posibles solucións.

Carta de Servizos de nivel auditado da EGAP, que foi elaborada consonte os criterios metodolóxicos definidos no Decreto 117/2008, do 22 de maio, polo que se regulan as Cartas de Servizos da Xunta de Galicia e o Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia (DOG núm. 113, do xoves 12 de xuño de 2008).

Autor/a
Iglesias Hermelo
María
Lingua/s
Galego

O multimedia Fíos violeta, Convivir en igualdade para dunha filosofía coherente coa pluralidade e valores democráticos, respectuosa cos dereitos humanos, inclusiva coa interculturalidade e promove explicitamente a convivencia nun marco de tolerancia e respecto onde o artigo 2.1 da Carta dos dereitos humanos se asume como punto de partida.