Catálogo

Amosando 73 - 84 de 2069

Folleto que indentifica os EPI que se empregarán segundo o posto desempeñado no sector forestal. Inclúe os postos de motoserrista, operario/a de poda/corta en altura, operario/a de rozadora, peón forestal, maquinista forestal e transportista forestal. Para cada posto emprega unha ficha, na parte dianteira contén recomendacións e na traseira, a descrición dos EPI que se deben empregar. Na páxina 15 inclúe unha táboa resumo coa indicación da obrigatoriedade do emprego.

O Protocolo para a atención de persoas LGBTI nos Centros de Información á Muller (CIM) e para a prevención da LGBTIfobia ten como obxectivo dotar o seu persoal dunha ferramenta práctica para atender de maneira eficaz e respectuosa as persoas usuarias do CIM pertencentes ao colectivo LGBTI, poñer en marcha actuacións de prevención ante condutas LGBTIfóbicas, canalizar as denuncias de LGBTIfobia ante o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, así como levar a cabo accións nos centros, para que actúen e se visibilicen como espazos seguros para o colectivo.

Autor/a
Blanco Vázquez
Olga Patricia
Autor/a
Blanco Ramos
Mª Carmen
Autor/a
Rey Tristán
Mª Jesús
Autor/a
López Linares
Sofía
Lingua/s
Galego

O obxectivo deste informe é estimar a necesidade de médicos/as para o sistema sanitario de Galicia a medio prazo, poñéndoa en relación coas necesidades de formación universitaria e a especialidade en ciencias da saúde, que comezaría unha vez rematado o período anterior.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social e Igualdade
Lingua/s
Galego

Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social durante 2024 e relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).

 

 

Entidade
Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Coordinador/a
Rodríguez Galdo
María Xosé
Lingua/s
Galego

O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica inicia, coa publicación deste primeiro dossier Mobilidade e migracións en Galicia, a colección de monografías temáticas que o Plenario do observatorio tivo a ben aprobar na sesión do 29 de novembro de 2023. Nos anteriores informes deste observatorio sobre a situación demográfica de Galicia, de 2018 e 2023, a análise dos movementos migratorios ocupa un lugar destacado en consonancia, por unha parte, coa nosa propia historia migratoria e, de maneira particular hoxe en día, coa preocupación por afondar no seu significado no contexto dun acusado cambio poboacional e social.

Autor/a
Alonso González
Mª Concepción
Autor/a
Álvarez Álvarez
Mónica
Lingua/s
Galego

Trátase dun protocolo asistencial consensuado entre diferentes especialidades médicas e cirúrxicas do Sergas para o manexo precoz do paciente con traumatismo grave por tratarse dun evento tempo-dependente que compromete o pronóstico do paciente.

Mediante o Plan de cirurxía menor en atención primaria, preténdese contribuír á innovación e mellora no eido da atención primaria, achegando procedementos cirúrxicos menores á contorna máis próxima dos pacientes, fortalecendo a capacidade resolutiva dos centros de saúde e garantindo unha atención de calidade, segura e centrada nas necesidades da poboación. Este enfoque permitirá reducir tempos de espera, evitar derivacións innecesarias e avanzar cara a un sistema sanitario máis accesible, eficiente e equitativo. Preténdese reforzar a atención á poboación, que, pola súa situación, ten dificultades para desprazarse ao centro de saúde, proporcionando información, educación, coidados de calidade e apoio, ao doente e á súa familia, no seu propio domicilio.

Autor/a
Gómez Salgado
Patricia
Autor/a
Triñanes Pego
Patricia
Autor/a
Faraldo Vallés
María José [et.al.].
Lingua/s
Castelán

O obxectivo deste estudo foi identificar as necesidades de información e preferencias das e dos responsables da toma de decisións a nivel macro, meso e micro con respecto aos produtos de avaliación de tecnoloxías sanitarias (ETS) elaborados pola Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde. Segundo as e os participantes consultados en grupos focais online, os produtos de ETS percíbense como útiles, rigorosos e de alta calidade. Entre as propostas de mellora destacan: incluír información contextual nos informes de avaliación; mellorar a difusión, especialmente dos produtos de tecnoloxías sanitarias novas e emerxentes; perfeccionar a presentación de resultados dos informes de avaliación económica; e, mellorar a incorporación de pacientes e persoal experto no desenvolvemento de informes.

Informe que compila datos estatísticos sociolaborais referidos ao ano 2024 das áreas temáticas: conciliacións individuais e colectivas, eleccións sindicais, folgas e peches patronais, regulación de emprego, apertura de centros de traballo, empresas de traballo temporal, desprazamento transnacional de persoas traballadoras e infraccións e sancións na orde social.

A Sociedade de Cirurxía de Galicia e o Grupo Galego de Coloproctoloxía, conscientes do incremento do cancro de recto na nosa Comunidade e do cambio porcentual progresivo na incidencia desta enfermidade en pacientes mozos, celebraron unha reunión de consenso co fin de mellorar a calidade das prestacións que as unidades de Coloproctoloxía da nosa Comunidade deben achegar aos cidadáns e de elaborar unhas guías con pautas consensuadas sobre o tratamento cirúrxico do cancro de recto que lles sirvan aos cirurxiáns para unha mellor toma de decisións.
As recomendacións plasmadas nesta guía deben ser interpretadas no contexto dun traballo multidisciplinar e representan fundamentalmente a parte cirúrxica.