Catálogo

Amosando 13 - 24 de 203
Autor/a
MYCOGALICIA PLANTAE, S.L.
Lingua/s
Galego

Recompilación, tanto bibliográfica coma das experiencias da empresa de base tecnolóxica (EBT) do Laboratorio de Micoloxía da Uvigo, MycoGalicia Plantae, no cultivo de fungos produtores de cogomelos comestibles e de uso micoterapéutico ou nutracéutico, coas indicacións tanto para facelo industrialmente coma na propia casa.

Autor/a
Guerra Pestoni
Bibiana
Autor/a
Calvo Santalla
Carmen
Lingua/s
Galego

Neste novo número da revista Agroexprés (nº 6) dedicamos a portada e o primeiro artigo ao noso compañeiro de redacción Julio. Ademais, contamos con outros artigos de temáticas variadas que esperemos que vos informen e entreteñan: unha colaboración dunha investigadora do Centro de Investigación Forestal de Lourizán sobre a prevención dos lumes; dous traballos interesantísimos da Evega; os resultados dun longo ensaio dos investigadores do CIAM; un traballo de colaboración entre o CIAM e o Ligal; e, para rematar, outra colaboración entre o CIAM e a Universidade de Santiago.

Autor/a
Casares Gándara
Juan Manuel
Autor/a
Jiménez De la Iglesia
Rubén
Lingua/s
Galego

Ao longo deste monográfico explícase cal é a orixe da necesidade de avaliar a pegada de carbono, as emisións de gases de efecto invernadoiro e o cambio climático, e como repercuten na viticultura.

0,00 €
Autor/a
Díaz Fernández
Ángela
Autor/a
Castiñeiras Gallego
Beatriz
Autor/a
Vázquez Arias
Anxo
Autor/a
Grana Caneiro
María
Autor/a
Buitrón Barrio
Luis
Autor/a
Díaz Losada
Emilia
Lingua/s
Galego

O monográfico nº 10 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia está dedicado á variedade Brancellao, unha vide tinta, de cultivo ancestral, prefiloxérica, e unha das variedades máis cultivadas, sobre todo no Ribeiro, Amandi, Quiroga, Lemos e Monterrei.

0,00 €
Autor/a
Casares Gándara
José Manuel
Autor/a
Castro González
Manuel
Autor/a
C. Do Souto
Marcos
Lingua/s
Galego

O monográfico nº 9 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia está dedicado ao viño tostado, un viño doce elaborado tradicionalmente en Galicia con uvas parcialmente pasificadas a cuberto en condicións naturais, no cal, nos últimos anos, varias adegas da denominación de orixe Ribeiro apostaron pola súa recuperación e rexurdimento.

Autor/a
Guerra Pestoni
Bibiana
Autor/a
Calvo Santalla
Carmen
Autor/a
López Díaz
Julio Enrique
Lingua/s
Galego

Estreamos contidos en Agroexprés en dúas novas temáticas: por un lado, un artigo de viticultura sobre especies de fungos responsables da enfermidade do pé negro da vide, unha colaboración entre investigadores da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e da Universidade de La Rioja; e por outro, un artigo forestal sobre rendementos dun sistema de extracción de resina en piñeiros destinados á madeira, froito do traballo de investigadores do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán).

0,00 €

O Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña establece os eixes de intervencións e as actuacións que cómpre desenvolver no marco deste programa, entre os anos 2022 e 2040, así como aquelas actuacións definidas como prioritarias, que cómpre desenvolver entre os anos 2022 e 2025. Ademais, inclúense os mecanismos de seguimento e avaliación do programa.