Cadernos Ramón Piñeiro XXX. Antonio Blanco Freijeiro - Isidoro Millán González-Pardo. Cartas habidas (1953-1990)
Volume epistolar, na liña de anteriores achegas a un xénero no que Ramón Piñeiro deixou varios milleiros de mostras, maxistrais algunhas delas. Trátase, neste caso, da revelación da amizade persoal e das relacións profesionais de dous rigorosos intelectuais galegos, personalidades significativas no terreo das humanidades. Introdución, notas aos textos, índices e repertorios bibliográficos son parte desta edición respectuosa cos textos orixinais e ilustrada.