Catálogo

Amosando 901 - 912 de 1932

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Documento en formato de fichas que se configura coma unha ferramenta de axuda e para dar unhas pautas básicas de actuación para evitar que eses materiais atopados de forma inesperada poidan poñer en risco as persoas traballadoras ou terceiras persoas, por descoñecemento da posible presenza de amianto ou por actuaren de maneira imprudente.

O Plan de prevención do suicidio en Galicia nace cun dobre obxectivo: reducir a taxa de suicidio e establecer medidas para diminuír o sufrimento das persoas que presentan un intento de suicidio e das súas familias. Este plan establece un compromiso claro do Goberno galego con relación ao problema do suicidio, a prol dunha resposta integral das institucións para a súa prevención. Un aspecto considerado clave é conseguir que a prevención do suicidio sexa una prioridade multisectorial, integrando a todos os axentes implicados nunha mesma estratexia. Con este plan quérese priorizar a prevención do suicidio na axenda da atención á saúde mental e concienciar acerca do suicidio como un problema global.