Catálogo

Amosando 829 - 840 de 1922

Código de boas prácticas, de libre adhesión para as coopeativas galegas, no cal se recollen os principios e regras que rexerán a súa actuación e a súa relación cos seus membros, persoal traballador e outros operadores do ámbito da súa actuación (clientes, provedores, administracións públicas, etc) na procura dun comportamento transparente, honesto e responsable da cooperativa e os seus membros no seu ámbito de actuación.

Publicación dirixida a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, que trata o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual. Infórmase sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfermidade. Desta forma coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas como ás prácticas de risco e á distribución temporoespacial.

Autor/a
Rey Iglesias
Alejandra
Coautor/a
Alonso Cadavid
Andrea
Coautor/a
Cerviño Carro
Sira
Ilustrador/a
Díaz Martínez, Encarnación
Lingua/s
Galego

Esta guía tenta dar resposta ás necesidades ocupacionais que poden presentar as persoas con TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) ofrecendo una atención integral, tanto a estas persoas como ás súas familias.

Autor/a
Rey Iglesias
Alejandra
Coautor/a
Alonso Cadavid
Andrea
Coautor/a
Cerviño Carro
Sira
Ilustrador/a
Díaz Martínez, Encarnación
Lingua/s
Galego

Esta guía tenta dar resposta ás necesidades ocupacionais que poden presentar as persoas con TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) ofrecendo una atención integral, tanto a estas persoas como ás súas familias.

Colaborador/a
Lorenzo Castiñeiras
Juan José
Entidade
Equipo de Integración Familiar de la Fundación Meniños
Director/a
Ballester Brage
Lluis
Director/a
Oliver Torelló
Juan José
Lingua/s
Castelán

O Programa de integración familiar, programa promovido pola Consellería de Política Social, atende familias residentes en Galicia nas que se integra, polo menos, una persoa menor de idade que, pola súa vez, é obxecto de atención por parte do Sistema de protección de menores da Xunta de Galicia por existir unha situación de vulnerabilidade e/ou desprotección. O Programa desenvólvese co obxecto de recuperar, consolidar e fortalecer as capacidades e habilidades de protección das familias para evitar a separación dos nenos do seu contorno familiar. Trátase de garantir o desenvolvemento integral da infancia e da adolescencia a través da cobertura das súas necesidades. Tamén se realiza un labor preventivo e de detección precoz das situacións problemáticas. Este estudo presenta unha revisión, validación e optimización do Programa desde un enfoque socioeducativo de mellora da competencia familiar.

A escola cumpre unha función social moi importante na formación integral das persoas. Educar no respecto á diversidade afectivo-sexual forma parte inherente da formación integral da infancia, ligada a valores clave como son a igualdade, a pluralidade, a diferenza e o respecto.
Por iso, para facilitar unha resposta unánime que garanta o dereito á identidade de xénero, póñense á disposición dos centros educativos estas medidas tendentes a guiar as actuacións en materia organizativa e de resposta do sistema educativo.