Neste informe sobre o paro de longa duración o Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo analiza en forma de traballo monográfico a situación das persoas paradas de longa duración en Galicia, un dos colectivos que contan con atención prioritaria nas políticas de emprego debido á súa especial vulnerabilidade e as dificultades que presenta para inserirse no mercado de traballo, proporcionando información das principais variables que configuran o seu ámbito social laboral.