Catálogo

Amosando 241 - 252 de 975

Publicación dirixida a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfemidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas, como a prácticas de risco e distribución temporoespacial.

Publicación dirixida a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfemidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas, como a prácticas de risco e distribución temporoespacial.

Segundo a Orde do 16 de novembro de 2021 pola que se aproba a exixencia de determinadas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia no que se refire aos centros hospitalarios (DOG Núm. 223-Bis, 19 novembro de 2021), os centros hospitalarios deberán exixir este certificado e deberán tamén informar a cidadanía, por iso se necesita un cartel informativo coa dita información.

Informe que describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como os resultados no período 2020.

Os coidados paliativos (CP) comprenden a asistencia activa a persoas con eventos graves de saúde, especialmente cando se achegan ao final da vida. O seu obxectivo é mellorar a calidade de vida de pacientes e familiares. Os CP aplicaríanse ao longo da enfermidade, en todos os niveis asistenciais. Segundo a definición, o acceso temperán podería considerarse inherente aos CP, pero na práctica habitual adoitan reservarse para o final da vida. No ámbito da oncoloxía existe unanimidade en canto a que o comezo dos CP sexa nas fases iniciais da enfermidade. Este informe conclúe que cos datos dispoñibles actualmente non é posible determinar se os CP precoces en enfermidades oncolóxicas son máis efectivos que o tratamento oncolóxico estándar. Por outro lado, o obxectivo da avaliación dos C.P. debería centrarse na satisfacción e nas necesidades das persoas enfermas e as súas familias.

Nos últimos anos houbo un aumento no número de determinacións analíticas de vitamina D (VitD) e no número de suplementos de VitD prescritos. Esta situación foi causada pola suposición dunha asociación entre niveis non óptimos de VitD e resultados adversos en varias condicións clínicas diferentes das relacionadas coa deficiencia (raquitismo e osteomalacia). Esta publicación recolle unha revisión sistemática sobre o uso adecuado da vitD e unhas recomendacións por consenso dun grupo multidisciplinar de profesionais clínicos, que serían que non é necesario determinar os niveis de vitamina D en adultos sans asintomáticos e sen factores de risco para déficit de VitD. A suplementación con vitamina D neste grupo de poboación (sans asintomáticos) non demostrou beneficios independentemente dos niveis de VitD. No entanto, a suplementación poderase considerar en maiores de 70 anos residentes en institucións sen necesidade de determinación.