A autora que desenvolve a súa traxectoria profesional entre Galicia e Arxentina foi a gañadora do terceiro premio no Certame Xuventude Crea 2020 na especialidade de novela curta.
A autora que desenvolve a súa traxectoria profesional entre Galicia e Arxentina foi a gañadora do terceiro premio no Certame Xuventude Crea 2020 na especialidade de novela curta.
O autor, escritor, escultor, tatuador, debuxante e muralista obtivo o 2º premio na especialidade de novela curta no Certame Xuventude Crea 2020 que cada ano organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2020 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 14 especialidades, así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras.
Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, presenta un novo número. Este volume n.º 20, correspondente ao ano 2018, está composto por catro artigos que xiran arredor das novas tecnoloxías aplicadas á fraseodidáctica, da paremioloxía galega do viño e da fraseoestilística da tradución poética bielorrusa. Tamén se inclúen unha escolma da fraseoloxía de Tabeirós extraída da obra Contiños da Terra (1931) de Manuel García Barros, sete recensións de obras relevantes do eido e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2018
A monografía, que corresponde ao nº 2 da serie ArGaMed, reúne unha serie de capítulos a cargo de especialistas consagrados nos estudos medievais, con dedicación á lírica trobadoresca, dando prioridade aos enfoques lingüístico, sociolingüístico e pragmático. Entre as páxinas do volume, o lector poderá encontrar traballos con dedicación a diferentes cuestións lingüísticas. Ademais, convídase o lector a reflexionar sobre a formación da tradición manuscrita galego-portuguesa, a partir do recoñecemento de estratos scripto-lingüísticos diferentes. Tamén se reflexiona sobre a circulación dunha antoloxía de cantigas medievais en época posterior ao movemento trobadoresco, a partir do exame da localización e autoría das composicións "espurias", de incorporación máis recente. Coa finalidade de ofrecer unha nova hipótese sobre a identidade do autor, tamén se atende a algún problema grave de atribución, entre os aínda persistentes no cancioneiro galego-portugués. Tamén se proporciona unha ampla aproximación á produción trobadoresca galego-portuguesa desde unha perspectiva sociolingüística. Así mesmo, lévase a cabo unha avaliación de usos e expresións concretas en relación co xénero lírico, así como do uso do galego nunha das máis célebres composicións plurilingües do período trobadoresco.
Este nº 3 da serie ArGaMed é o primeiro libro que ofrece un estudo completo e rigoroso do corpus da prosa galega medieval con información actualizada dos textos e das investigacións publicadas (incorpóranse obras ata o de agora descoñecidas e novas interpretacións de certos testemuños). O manual ten como obxectivo dar a coñecer ao público interesado todos os textos literarios compostos en galego na Idade Media de forma sintética e seria, e está ilustrado cun amplo repertorio de imaxes dos manuscritos. Para iso realízase en cada obra un estudo sucinto da descrición física dos testemuños que conservan a obra, unha análise concisa do texto que teña en conta as súas características, a súa tradición textual e o seu contexto de produción. Por último, complétase cun exhaustivo apéndice bibliográfico particular que recolle as edicións, estudos e proxectos da obra publicados (e en curso de realización), e un índice de axentes e espazos culturais que evidencian o ambiente sociocultural da época na área setentrional peninsular.
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2019 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 13 especialidades así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras.
Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.
Anuario dos premios do certame de creadores novos Xuventude Crea 2018 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas doce especialidades, así como de fotografías das obras gañadoras e dos seus autores.
ArGaMed é unha serie de publicacións en liña que complementa os proxectos Lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa María, Prosa literaria galega medieval, e mesmo BiRMED, todos eles desenvolvidos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Publica dous números por ano, que poden conter estudos ou edicións (críticas ou paleográficas, novas ou revisadas) relacionados cos proxectos mencionados.
Este nº 1 corresponde á transcrición paleográfica do Códice de Florencia das Cantigas de Santa María.
Publicación de carácter didáctico en formato electrónico, dirixida a toda a comunidade educativa, así como a persoas interesadas nos refráns e nos refraneiros galegos. Distínguese unha primeira parte teórica e outra posterior en que se propoñen diferentes actividades didácticas divididas por niveis de ensino. Setenta e oito debuxos de José M. Castro Méndez acompañan os textos.
Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.