Catálogo

Amosando 49 - 55 de 55

Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (35), a partir dun impreso do fondo das Juventudes de Acción Popular, dáse noticia do valor desta documentación para coñecer o funcionamento das dereitas ourensás nos primeiros momentos da Guerra Civil.

Fronda é unha publicación periódica en formato electrónico coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste numero (28) faise a primeira entrega, relativa aos fondos monásticos, a través dun tombo do mosteiro de San Clodio, co que se fai unha breve introdución á historia do monacato en Galicia e ao contido dos arquivos dos mosteiros.

Fronda é unha publicación periódica en formato electrónico coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste numero (27) faise a cuarta entrega, relativa aos fondos notariais, neste caso a través dun protocolo e dun documento procedente dun expediente xudicial, nos que o mesmo escribán dá fe pública extraxudicial e fe pública xudicial respectivamente, o que permite explicar os tipos de fe pública e de escribáns e notarios.

Fronda é unha publicación periódica bimestral en formato electrónico coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Este número (26) está dedicado aos sucesos da Guerra da Independencia, de xeito que visitamos algúns dos escenarios dos feitos acaecidos hai 200 anos, da man do fidalgo ourensán don Pedro Ventura de Puga, protagonista ou testemuña directa dalgúns deles.

Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (25) faise a segunda entrega, relativa aos arquivos da fidalguía, neste caso a través dun libro tombo da casa dos Boán que nos introduce na historia familiar desta liñaxe ourensá, famosa por falsificar innumerables documentos para engrandecer o seu pasado.

Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (24) faise a terceira entrega, relativa aos fondos notariais, neste caso a través dun protocolo, a tipoloxía documental que desde 1503 á actualidade integra as escrituras matrices autorizadas polos notarios.

Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (23) faise a primeira entrega relativa aos arquivos da fidalguía, neste caso a través dunha árbore xenealóxica. Ao longo do texto explícase como o proceso de aparición e desenvolvemento deste grupo social se reflicte nos documentos que xeraron.