Para atopar a palabra exacta...
O Dicionario de termos literarios está elaborado polo Equipo Glifo (Grupo Compostelán de Investigacións Semióticas e Literarias) e forma parte do proxecto “Dicionarios de Literatura” do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Do mesmo xeito que nos dous volumes anteriores, recóllense definicións de termos do ámbito da retórica, da historia, da crítica, da narratoloxía, da semiótica, da hermeneútica, etc. acompañadas de exemplos pertencentes ao corpus literario galego desde a Idade Media ata a actualidade.
O Dicionario de filosofía é unha obra escrita a varias mans, por profesores de filosofía de estilos e formacións diferentes, intereses e experiencias filosóficas diversas. O seu obxectivo é informar o alumnado galego no que atinxe aos conceptos fundamentais da nosa tradición filosófica e contribuír a formalo no pensamento crítico. Trátase dun dicionario de filosofía escolar en que os termos están elaborados en función da idade e mentalidade dos alumnos de bacharelato, mais sen diluír ren o esencial de cada concepto.
Dicionario bilingüe galego-ucraíno/ucraíno-galego coas palabras tamén en castelán, coa transliteración do ucraíno e co pictograma ARASAAC correspondente, para uso maioritariamente escolar.
Preséntase en formato nunha única publicación que monta o dobre dicionario.
Atopámonos cun dicionario galego-latino clásico e moderno que achega o galego á lingua latina e a súa cultura. Tamén dá boa conta do estado da nosa lingua mostrando un léxico galego normalizado en todos os eidos. Traballo básico para os latinistas e para todos os estudosos das linguas románicas.
O Dicionario de alimentación e restauración é unha recompilación dos termos da linguaxe gastronómica e culinaria relevantes desde o punto de vista conceptual ou denominativo. O seu obxectivo é contribuír á normalización da terminoloxía gastronómica e culinaria en lingua galega, resolver dúbidas puntuais sobre os termos e facilitar a comunicación entre os profesionais do sector. Recolle aproximadamente 3000 conceptos, con 3600 denominacións en galego, 3700 equivalencias en castelán e 3500 en inglés, ademais de 320 nomes científicos.
Recompilación de termos e conceptos de uso habitual documentados en repertorios terminolóxicos, lexicográficos e especializados do ámbito dos recursos humanos e das relacións laborais.