A partir da aparición da Libraría Institucional, este portal convértese na canle única para a adquisición de publicacións da Xunta de Galicia por parte de librarías e outros establecementos e puntos de venda, para a súa posterior venda ao público.
Se representas a un establecemento comercial deste tipo e estás interesado/a en distribuír publicacións editadas pola Xunta de Galicia, podes adquirilas a través deste portal, gozando dun desconto do 50 % sobre o prezo total, IVE incluído. Para gozar dese desconto, tes que darte de alta como libraría. Xunto cos datos da empresa e persoais, deberás achegar unha copia do documento que acredite a alta no IAE no epígrafe correspondente. Na sección "Información para librarías" e en "Condicións de uso" dispós de todos os detalles ao respecto.