Que opcións teño para acceder a unha publicación?

A Libraría ofrece estas tres opcións:

  • A descarga gratuíta no formato dixital máis axeitado, que pode variar segundo o caso: pdf, epub, zip, mp3 etc.
  • A adquisición de exemplares de publicacións venais e non venais. Xunto co prezo da publicación, a persoa compradora ten que facerse cargo dos gastos de envío. No caso de publicacións non venais que estean dispoñibles para a súa distribución, pódense obter pagando só os gastos de envío.
  • A localización das publicacións no catálogo das bibliotecas públicas dependentes da Dirección Xeral de Cultura, que inclúe a Biblioteca de Galicia, as bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia, bibliotecas públicas municipais, bibliotecas especializadas dependentes da Xunta de Galicia (de arquivos e de museos) e bibliotecas especializadas con diferentes temáticas (a do Consello da Cultura Galega, a da Filmoteca de Galicia e a do Centro Galego de Arte Contemporánea). A ficha de cada publicación inclúe unha ligazón a unha busca automática nese catálogo, o que che permite localizar exemplares da publicación do teu interese nas bibliotecas.