O Consello de Bioética de Galicia ten como misión asesorar a Administración e os profesionais da saúde, promover no ámbito sanitario a formación e a consideración da bioética como criterio de calidade e boa práctica profesional, e contribuir á información e ser foro de referencia do debate bioético na sociedade galega. O obxectivo do novo documento estratéxico é dirixir a atención ás posibles situacións de vulnerabilidade das persoas anciás e interpelar os cidadáns, os profesionais e os poderes públicos para combinar de xeito harmónico catro elementos: vulnerabilidade, ancianidade, ética e Galicia.