Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na Comunidade Autónoma galega, e achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na Comunidade Autónoma galega, e achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Aínda que menos coñecido polo público que o seu perfil como violinista e como compositor, a dimensión de Andrés Gaos como pianista é un testemuño imprescindible á hora de calibrar a sólida formación do mestre coruñés. Aires galegos e Novos aires galegos son dúas coleccións de pezas breves para piano, de factura sinxela tanto en estrutura como na esencia compositiva. Da súa música despréndese o desexo de evocar as sonoridades, as danzas, as paisaxes, os sentimentos e as lembranzas da patria afastada por medios de ritmos e melodías tomados unhas veces do noso folclore e, outras, simplemente como inspiración para compoñer.
Neorretranca e posmorriña (Fantasía nº 5 en sol ou non e Boisaca ou a divina desgraza) dá corpo a unha nova produción propia do CDG, o primeiro froito directo do labor desenvolvido dentro do proxecto "DramatUrxente" de apoio á dramaturxia galega contemporánea iniciado polo Centro en 2015, que pon en escena dúas das obras que se escribiron no grupo de traballo de dramaturgas e dramaturgos coordinado polo autor, actor e director Manuel Lorenzo, DramaturXa.
Neorretranca e posmorriña, dúas pezas sobre un mesmo sentir, caras diversas sobre unha mesma inquedanza: a identidade galega como concepto inaprensible, como acción non rematada, como busca incesante. A cultura, a lingua, a escrita, hábitos e prácticas sociais, tradicións e mitos propios. Memoria compartida inzada de símbolos que ás veces non recoñecemos como nosos, que interpelan a imaxinación dunha comunidade non sempre en sintonía.
O autor deste traballo, Pedro López Gómez, que foi director do Arquivo do Reino de Galicia desde 1986 ata 1995, analiza as condicións que propiciaron a investigación neste arquivo, como a existencia de ricas fontes documentais, os procesos de incorporación -e destrución- de documentos, e do interese das súas informacións para os distintos tipos de usuarios.
Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia en 2019.
Nesta publicación danse unhas nocións básicas sobre algunhas especies de mamíferos comunmente usados na investigación
Actualización do informe anual da tuberculose, editado anualmente polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2017 e evolución do período 1996-2017.
Catálogo da exposición de idéntico título da fotógrafa Sabine Weiss que supón un percorrido por diversos países, ao longo de varias décadas. Recolle os sentimentos máis íntimos do ser humano e a súa relación coa divindade. Acompáñase dun texto, en tres idiomas (galego, castelán e francés), alusivo ao interese da mostra, así como unha biografía da autora. O material de difusión compleméntase co cartel e cun despregable, tamén en tres idiomas.
Catálogo da exposición Camiñar, camiñamos… con fotografías de Adolfo Enríquez recollendo imaxes da peregrinación xacobea, resaltando, de maneira sutil e fuxindo dos tradicionais tópicos, o esforzo que ten que realizar o peregrino para acadar a súa meta. Nese sentido van tamén os dous textos que completan o catálogo.
Catálogo de fotografías de Luis Baylón sobre a cidade e a peregrinación a Benarés. Ademais das fotografías, o libro ofrece tamén artigos que explican os elementos esenciais para comprender a obra do fotógrafo.
Catálogo de fotografías sobre a peregrinación a Kailasa. O monte Kailasa, coñecido tamén na antiga tradición hinduísta como Meru ou Sumeru, é unha das montañas máis sagradas do mundo, pois é considerada coma tal por budistas e hinduístas, que cren que o Korlham -unha peregrinación de 52 quilómetros arredor desta montaña- os redime dos seus pecados e fainos renacer como persoas novas.
Catálogo da exposición "Totsukawamura. Corazón do Camiño" con fotografías de Luis Alonso Ocaña. Trátase dunha visión do contorno do Camiño de Kumano (Xapón) ao seu paso polo territorio de Totsukawa, destacando a presenza da natureza en que habitan os kami shintoístas vivindo coas divindades budistas en perfecta harmonía. Textos alusivos a esta peregrinación realizados por especialistas que contribúen a difundir unha manifestación peregrinatoria nun enclave declarado Patrimonio da Humanidade e con interesantes relacións co Camiño de Santiago a pesar da distancia.