Catálogo

Amosando 997 - 1008 de 2814
Autor/a
Grupo de trabajo del proyecto Biblioterapia: lecturas saludables
Lingua/s
Castelán

O obxectivo deste documento é poñer en marcha un proxecto de biblioterapia que xurdiu durante unha colaboración da Consellería de Sanidade con pacientes afectados por depresión e as súas familias. Con este punto de partida, a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) comezou a traballar na articulación dunha iniciativa para revisar a evidencia científica dispoñible sobre o uso dos libros con fins terapéuticos e na implementación do proxecto.

Autor/a
Grupo de trabajo del proyecto Biblioterapia: Lecturas saludables
Lingua/s
Castelán

O obxectivo deste documento é poñer en marcha un proxecto de biblioterapia que xurdiu durante una colaboración da Consellería de Sanidade con pacientes afectados por depresión e as súas familias. Con este punto de partida, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) comezou a traballar na articulación dunha iniciativa para revisar a evidencia científica dispoñible sobre o uso dos libros con fins terapéuticos e na implementación do proxecto

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévano a cabo todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo (hoxe Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar) desde o ano 1998. Na nosa comunidade autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ben que a primeira recolla de mostras se realiza na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada téñense, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.

16,00 €
Autor/a
Pérez
Avelina
Lingua/s
Galego

Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXIV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais edición 2018.
Ás oito da tarde, cando morren as nais, peza teatral de Avelina Pérez, achéganos un canto coral sustentado no absoluto baleiro, explotando as posibilidades do xogo escénico desde unha concepción aberta do espazo e cunha ollada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción.
Aquí, a procura da identidade individual amparada na masa, superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos...