Cartel divulgativo sobre a importancia da utilización do chaleco salvavidas: motivos para utilizalo, uso axeitado, colocación, utilización en cuberta, almacenamento e mantemento.
Cartel divulgativo sobre a importancia da utilización do chaleco salvavidas: motivos para utilizalo, uso axeitado, colocación, utilización en cuberta, almacenamento e mantemento.
Publicación electrónica verbo do cambio demográfico, cada vez máis intenso e que afecta un número crecente de rexións europeas, polo que empeza a se considerar como un risco. As consecuencias precisan afrontarse como un desafío, en especial naquelas áreas rurais desfavorecidas e periféricas.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado anualmente polo Programa Galego de Prevención e Control da tuberculose, con datos avaliados para o ano 2013, e evolución do período 1986 ata 2013.
Documento que ten como obxectivo principal o de avaliar a eficacia/efectividade e seguridade do cribado neonatal da forma cláisca da hiperplasia conxénita (I+ISC) e a validez analítica da proba de cribado (sensibilidade, especificidade e valores predictivos).
Publicación que ten como obxectivo analizar a evidencia existente sobre o cribado neonatal de galactosemia para apoiar a toma de decisións sobre a súa introdución na carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde. Exponse como obxectivo específico avaliar os diferentes aspectos da enfermidade, do tratamento e da proba de cribado que poden sustentar a toma de decisións. Considéranse obxectivos secundarios proporcionar información sobre as diferentes estratexias de cribado empregadas no nivel mundial.
Esta guía describe os tratamentos fitosanitarios destinados a protexer o castiñeiro da avespa chinesa (Dryocosmus kuriphilus).
Publicación que presenta a actividade global desenvolvida pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no ano 2013, xunto cos datos de actividade das áreas de Xestión Asistencial, Coordinación, Centro de Formación en Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes de Galicia, Gabinete de prensa, Calidade, Servizo de Sistemas e Tecnoloxías da Información e Servizo de Atención ao Usuario.
Documento en soporte electrónico que ten como obxectivo avaliar a evidencia existente sobre a efectividade clínica do cribado neonatal do déficit de biotinidasa, que serve de base para decidir a súa inclusión nunha carteira común básica dos cribados neonatais.
Esta guía describe o Programa galego de detección precoz do cancro de mama: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación, proba de cribo, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2012.
Disco compato que recolle un traballo centrado en valorar a seguridade e a efectividade da braquiterapia de alta taxa (HDR-BT) no tratamento dos tumores de lingua móbil. Os obxectivos específicos principais son avaliar os beneficios en seguridade, control local e rexional, metástase a distancia e supervivencia respecto doutros tratamentos.
A escola considérase unha área estratéxica clave para fomentar e consolidar habilidades en todos os ámbitos do desenvolvemento e do autocoidado da saúde, se se orienta o alumnado cara a acadar hábitos saudables desde etapas precoces da vida. Considerouse necesaria a elaboración desta guía, cuxo obxectivo é contribuír a mellorar a calidade nutricional dos menús escolares ofertados nos centros educativos. Pretende ser un instrumento de apoio para os responsables do menú escolar. Nela menciónanse consellos, suxestións prácticas, ideas e fotografías de pratos, racións e menús completos para dirixir a oferta alimentaria do menú cara a programacións cunha calidade nutricional óptima, de acordo coas recomendacións actuais das sociedades científicas para a alimentación nestas etapas da vida.
Libro sobre preguntas e respostas arredor da doazón e os transplantes para informar a poboación e resolver as dúbidas máis frecuentes que se poden formular sobre a doazón de órganos e tecidos. Envíase un exemplar a cada persoa que solicita o carné de doador de órganos e tamén se distribúe nas mesas informativas e nas charlas que se imparten nos institutos ao alumnado de secundaria e ciclos formativos.