Guía de contidos para realizar as probas de aptitude para obter por primeira vez a licenza de caza en Galicia. Inclúe cuestionarios.
Guía de contidos para realizar as probas de aptitude para obter por primeira vez a licenza de caza en Galicia. Inclúe cuestionarios.
Informe que ten como obxectivo xeral valorar a utlidade dos estent EPCC no tratamento da estenosis coronaria en lesións de novo en comparación coa práctica clínica habitual, tanto en termos de seguridade( eventos adversos derivados da utilización da técnica), eficacia, efectividade (taxas de mortalidade, IAM, reestenose e trombose tras a súa implantación) e impacto económico e organizativo que podería supoñer a implementación da tecnoloxía no Sistema Nacional de Saúde.
Textos e adaptacións radiofónicas das obras finalistas do IX Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, de 2015.
Trátase dun certame xa ben consolidado e seguido, no que cada ano aparecen nomes novos, cunha achega de calidade e de frescura extraordinarias cara a esta forma dramática, canalizada unicamente co soporte da voz e do son.
Versión galega de Fedro, autor clásico latino orixinario de Macedonia.
Catálogo de arte onde se recolle a traxectoria do pintor Antón Sobral. Inclúe unha serie de obras e textos biográficos.
Obra coeditada pola Consellería de Cultura, Educación e O. U. - Secretaría Xeral de Cultura e mais pola Universidade de Santiago de Compostela, centrada na figura dun dos nomes clave para comprendermos a presenza musical de Galicia na Arxentina, a través da comunidade galega asentada alá.
Informe que ten como obxectivo avaliar a efectividade e seguridade clínica do entrecruzamento do coláxeno corneal asistido con iontoforesis: CXL-I como técnica terapéutica no tratamento das ectasias corneais e outras patoloxías da córnea.
Boletín editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que presenta as últimas novidades no campo da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.
Boletín editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que presenta as últimas novidades no campo da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.
Documento editado en 2013. En 2016 realízase unha edición en papel porque este documento recolle as expectativas e desexos da xestante e a súa parella sobre o parto e nacemento do seu fillo ou filla, polo que, para favorecer a participación da muller na toma de decisións informadas durante o proceso de parto, cómpre entregar por escrito esta información, para que ela deixe tamén por escrito a súa decisión e se teña en conta por parte dos/as profesionais que a atenderán durante o parto e puerperio, sempre que o desenvolvemento do proceso sexa normal.
Informe que traballa respecto dos grupos de ocupación con mellores resultados no mercado laboral comarcal, sobre a base do movemento de contratados e demandantes de emprego.
Saiban cantos estas cartas viren ... é, co subtítulo referido á correspondencia epistolar de Cunqueiro e o seu íntimo amigo Alberto Casal, a terceira contribución do Centro Ramón Piñeiro ao estudo e edición de novos documentos, agora espistolares, que deben contribuír á homenaxe e ao mellor coñecemento da figura de don Álvaro.
Un corpus de sesenta cartas aproximadamente é o núcleo destas páxinas, que contan con textos de César Cunqueiro e Luís Cochón; cunha fermosísima carta de Eduardo Blanco-Amor e, finalmente, tres pouco coñecidos contos do mesmo Cunqueiro. O conxunto variado e novidoso ofrece, pois, unha valiosa indagación en aspectos da vida e obra do noso universal escritor.