Catálogo

Amosando 1369 - 1380 de 2811

Boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que presenta as últimas novidades no eido da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.

Boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que presenta as últimas novidades no campo da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.

Memoria da actividade desenvolvida por GALARIA, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, ao longo do ano 2016, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, xestión do servizo de cita previa telefónica 'Saúde en liña', así como datos de estrutura organizativa, recursos humanos, actividade científica e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

Autor/a
Consello de Bioética de Galicia
Lingua/s
Castelán
Galego

Publicación a través da cal se examina a dimensión ética da práctica sanitaria co obxectivo de consolidar a mirada bioética da realidade no exercicio profesional e o funcionamento das institucións. A singular relevancia do conflito de intereses no ámbito da saúde deriva da entidade dos valores que protexe e da atribución exclusiva ás súas profesións da responsabilidade da súa protección. Dispor dun método que permita identificar e comprender o conflito de intereses e as súas consecuencias, orientado á toma de decisións e a actuación dos profesionais de modo correcto, no campo da bioética.

0,00 €
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
Varela Lema
Leonor
Lingua/s
Castelán

O sistema de soporte circulatorio percutáneo Impella CP inclúese dentro da modalidade de dispositivos de asistencia ventricular izquierda (DAVI) de curta duración. A súa principal función é favorecer a descarga do ventrículo esquerdo (VI), para reducir así a presión diastólica final e a tensión da parede do VE, finalmente consegue a diminución do traballo do VE e a demanda de osíxeno do miocardio. Con esta ficha trátase de avaliar a seguridade e a efectividade deste dispositivo.

0,00 €

Documento que ten como obxectivo avaliar de forma comparada a eficacia/efectividade e seguridade da mastectomía de redución de risco en mulleres portadoras de mutacións portadoras do xene BRCA1 e/ou BRCA2, fronte a outras estratexias preventivas e de diagnóstico precoz. Amais da efectividade en termos de incidencia, mortalidade, supervivencia, calidade de vida, satisfacción e seguridade, abordaranse aspectos económicos, organizativos, éticos, sociais e legais.

10,00 €

Libro resumo da exposición Camiño de Paz. Mane Nobiscum Domine, que tivo lugar na catedral de Ourense no 2005, con motivo da celebración do ano dedicado polo papa Xoán Paulo II á Eucaristía. A mostra facía un percorrido pola historia e a arte de Galicia, en conexión co resto de Occidente, para evidenciar así a pegada do legado evanxélico na creatividade cultural galega, a través de pezas de ourivería, escultura, pintura, etc.

15,00 €
Autor/a
Labraña
Carlos
Lingua/s
Galego

Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co IX premio Manuel María de literatura dramática edición 2016.
O valo, de Carlos Labraña, narra o encontro entre unha nena que foxe da guerra, Sahara, e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. Con diálogos coidados, unha estrutura dramática ben armada e un minucioso coidado da lingua, presenta unha riqueza salientable que lle outorga o carácter sobresaínte como peza teatral. A través de Sahara chégannos fragancias do deserto, arrolos de sonoridade exótica e historias de estrelas que quencen as noites frías entre dunas sen fin. Do outro lado do valo, un soldadiño con corazón de chumbo que é quen de escoitar a quen amosa outra face dos acontecementos. Cunha harmoniosa mestura de inxenuidade e denuncia, a peza ofrece ao público miúdo a oportunidade de pensar que o mundo pode ser diferente. Un mundo onde non existen persoas ilegais, senón persoas ilegalizadas. O valo representa a esperanza que é precisa para transformar a realidade.

Catálogo da exposición Agion Oros. Peregrinación ao Monte Athos. Fotografías de Fernando Moleres, que recolle imaxes deste fotógrafo sobre o patrimonio monumental e paisaxístico do Monte Athos, principal centro cultural da Igrexa ortodoxa. A exposición estará visitable entre o día 7 de xullo e o 15 de outubro de 2017 na sala de exposicións temporais do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

16,00 €
Autor/a
Lourenzo
Manuel
Lingua/s
Galego

Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXIII premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais edición 2016.
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, é un conxunto de tres pezas ("Orzán", "O fulgor das atochas" e "Alerta na rúa do Pozo") con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado do premio, "como un roteiro por algún dos espazos máis representativos da Coruña": O Orzán, As Atochas e A Falperra. Trátase dun paseo pola intimidade escura e visceral dunha cidade amada polo autor, a través de tres barrios nos que se desenvolve cadansúa historia criminal, tecida en ambientes marxinais e con personaxes da realidade actual: perdedores, buscavidas, amargados, especuladores e corruptos que se enfrontan a situación límite. A tonalidade da obra introdúcenos nunha atmosfera abafante que emprega unha linguaxe directa e, por momentos, poética, moi axeitada para expresar a deriva destes seres tristes e ao tempo dispostos a todo para garantir a súa supervivencia.