Catálogo

Amosando 973 - 984 de 2810

Memoria que recolle a actividade desenvolvida pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 durante o ano 2017. Especifica as actividades das áreas de coordinación, asistencial, calidade, gabinete de prensa, servizo de atención ao usuario, tecnoloxía e sistemas de información.

Proceso asistencial que ten como obxectivo actualizar a atención á muller durante o período preconcepcional e durante o embarazo normal tras a incoporación do test prenatal non invasivo como prestación sanitaria. Dirixido principalmente ao persoal que atende as mulleres na consulta prenatal. Pretende axudar na toma de decisións e homoxeneizar a asistencia prenatal, á vez que favorecer a participación da muller na toma de decisións informada.

10,00 €

Esta publicación recolle as actas do Congreso internacional Propter magnare creatus, celebrado en Santiago de Compostela os días 21, 22 e 23 de setembro de 2016.
Co obxecto de dar á gastronomía unha identidade máis sólida no ámbito cultural, levouse a cabo esta publicación enogastronómica que fortalece o interese pola gastronomía desde o punto de vista académico e científico, reunindo nun congreso investigadores que profundizaron no tema das relacións entre lingua, literatura e comida en Italia e España.
O lector atopará contribucións relevantes para descubrir o vínculo existente entre lingua común ou literaria e comida no trascurso dos séculos.

0,00 €

Documento estratéxico que pretende potenciar e consolidar a hospitalización a domicilio como un modelo asistencial do Servizo Galego de Saúde e garantir o seu desenvolvemento nos próximos cinco anos, establecendo criterios homoxéneos de atención coa finalidade de normalizar os modelos asistenciais, carteira de servizos e fluxos de traballo para asegurar una asistencia sanitaria de calidade.

20,00 €
Autor/a
Pousa Diéguez
Rodrigo
Lingua/s
Castelán

Estudo sobre a Galicia do Antigo Réxime que analiza polo miúdo unha época en que a comunidade galega contaba cun mapa administrativo moi fragmentado e complexo, con sete provincias divididas en incontables xurisdicións, concellos e partidos. Este traballo presenta desde unha óptica multidisciplinar as particularidades máis destacables das vilas de Muros, Noia e Corcubión durante o citado período histórico. O estudo pon de relevo aquelas características comúns a todos estes territorios –emanadas do seu carácter urbano, marítimo-portuario, señorial e galaico- así como as diferencias existentes entre elas, facendo fincapé na pluralidade do fenómeno municipal do noroeste peninsular. Este traballo resultou premiado na XX edición do Premio Manuel Colmeiro organizado pola Escola Galega de Administración Pública.

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.