Infomación para solicitar o servizo do matadoiro móbil de gando ovino, cabrún e porcino de Galicia.
Infomación para solicitar o servizo do matadoiro móbil de gando ovino, cabrún e porcino de Galicia.
Folleto que indentifica os EPI que se empregarán segundo o posto desempeñado no sector forestal. Inclúe os postos de motoserrista, operario/a de poda/corta en altura, operario/a de rozadora, peón forestal, maquinista forestal e transportista forestal. Para cada posto emprega unha ficha, na parte dianteira contén recomendacións e na traseira, a descrición dos EPI que se deben empregar. Na páxina 15 inclúe unha táboa resumo coa indicación da obrigatoriedade do emprego.
Nº 16 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
A burra, a mesa e o pau, unha produción do Centro Dramático Galego dirixida por Lorena Conde, preséntase como “o conto de fadas dunha familia obreira galega naqueles tempos nos que era máis doado crer os contos das avoas que as promesas dos patróns”, segundo palabras da súa directora. Un texto que fala de ilusións, de ambicións modestas, de delirios, de desclasamento, de vivir para o traballo e aínda así non dar vivido; de como a clase obreira galega soña con golpes de sorte no canto de confiar na súa forza transformadora como colectivo.
Trátase do número 17 da colección O papel do teatro, que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
Nada se sabe, unha produción do Centro Dramático Galego e Culturactiva Producións, constitúe unha proposta integradora e única no contexto teatral galego tanto polo elenco, integrado por dúas actrices e dous actores con diversidade funcional, como polo tema, que aborda diversas versións da discapacidade no teatro clásico, deténdose na adaptación moderna e sinxela que asina Manuel Lourenzo a partir de Filoctetes, unha das traxedias de Sófocles.
O cancro de mama é o máis frecuente entre as mulleres e a principal causa de morte por esta enfermidade. A radioterapia intraoperatoria (RIO) consiste en aplicar unha única dose de radiación directamente na área do tumor durante a cirurxía. Este informe analiza como de efectiva e segura é esta técnica para previr recaídas e mellorar a calidade de vida, en comparación coa radioterapia tradicional. Os estudos revisados indican que a RIO presenta máis risco de recaídas que a radioterapia externa, pero causa menos efectos secundarios e pode achegar maior benestar ás pacientes. A pesar da súa comodidade, aínda precisa máis evidencia para confirmar a súa efectividade a longo prazo.
Manchea, de Andrea Freire, conforma o número 20 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do XVI premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil (edición 2024), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, Manchea é un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non. Da man dos nosos personaxes percorreremos o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras chinesas conflúen nesta disparatada e sorprendente aventura. Esta é unha historia en verso, pero tamén en prosa, de estereotipos e autoafirmación, de discriminación e inclusión. Os protagonistas, a través da amizade e a confianza en si mesmos, comezarán a cuestionarse os condicionamentos familiares e sociais para descubrir que non é necesario falar para atoparen a súa propia voz.
O faro, de Carlos Labraña, conforma o número 21 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do XVI premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade adulto (edición 2024), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, O faro é unha peza teatral profundamente evocadora, unha mostra da potencialidade da linguaxe dos monicreques para tratar temáticas duras e de alcance universal. Cunha linguaxe escénica expresiva e minimalista, a obra realiza unha reflexión atemporal sobre o papel dos individuos fronte a eventos que definen a súa existencia. O faro, reafirma, deste xeito, o poder do teatro como ferramenta de resistencia e de lembranza, facéndonos ver que, en ocasións, a única solución para combater as sombras é apagando a luz.
A prescrición diferida de antibióticos consiste en iniciar o tratamento antibiótico 2-3 días despois da consulta, só se os síntomas non melloran. Esta estratexia reduce o uso innecesario de antibióticos no tratamento de infeccións respiratorias superiores, que adoitan ser víricas e autolimitadas, dunha forma segura e eficaz. Os niveis de satisfacción dos/as pacientes e as taxas de reconsulta son semellantes ás da prescrición inmediata. A súa implementación require a formación de profesionais e cidadanía, así como o uso de materiais informativos axeitados. As ferramentas electrónicas de xestión das prescricións contribúen ao éxito da intervención.
Non existe evidencia do uso da campá de baleiro no tratamento do pectus excavatum (PE) en pacientes menores de 18 anos en comparación coa corrección cirúrxica mínimamente invasiva (MIRPE). Así mesmo, tampouco se estableceu a súa efectividade en comparación con outras intervencións, como a fisioterapia respiratoria ou medidas estándar de coidado do PE. Por outra parte, en pacientes demasiado novos para se someteren a cirurxía, ou que a rexeitan, a evidencia está limitada a un único estudo de baixa calidade con resultados moi modestos, o cal impide determinar con certeza a súa efectividade real. Aínda que o dispositivo pode considerarse seguro, notificáronse acontecementos adversos de escasa entidade asociados ao seu uso.
Esta publicación recolle as variedades locais de cebolas galegas conservadas no banco de xermoplasma do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), co obxectivo de dar a coñecer a diversidade varietal deste cultivo tradicional da horta galega.
Este número dedica boa parte dos seus contidos á gandería, abordando aspectos de produción de carne e leite, así como cuestións de sanidade animal, e inclúe tamén artigos sobre un viño de excelencia, que xa se producía en Galicia hai séculos, o Tostado, a fertilización sustentable, os riscos en xeles hidroalcohólicos e investigacións forestais con impresionantes imaxes microscópicas.
A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2024 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.