Catálogo

Amosando 613 - 624 de 2812
Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Selección das disposicións normativas máis salientables no ámbito das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo do ano 2021 no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, número de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML. Así mesmo, no rexistro de cada disposición poden aparecer todas aquelas disposicións relacionadas con ese rexistro: extracto, modificación, corrección de erros ou posibles resolucións (de requirimento, ampliación do prazo, incremento de crédito, adxudicación etc.).

0,00 €
Lingua/s
Castelán
Galego

Dentro da campaña de fomento da doazón de medula ósea, os trípticos teñen unha función esencial: introducir de forma positiva a mensaxe de que a doazón de medula ósea soluciona, a través dos transplantes, os males de moitos enfermos. Cada ano hai persoas que morren mentres agardan por un transplante que precisan para salvar as súas vidas. Algunha destas vidas poderíanse salvar se máis xente se fixese doadora. Estes trípticos vanse distribuír a asociacións de pacientes, universidades etc.

33,00 €

Catálogo da exposición Percorrer o tempo: visións contemporáneas do Camiño que reúne un amplo abano de olladas artísticas sobre a experiencia do camiño dende unha ollada contemporánea. Os 10 artistas que forman parte desta mostra achéganse a cada unha das rutas mediante unha canle específica (a fotografía, o vídeo, o documental...), e compoñen unha narración que redefine o significado humano e atávico do feito físico (e ata místico) de camiñar.

Temáticas