Catálogo

Amosando 2053 - 2064 de 2812
12,00 €

O Parque Arqueolóxico da cultura castrexa é unha infraestrutura desenvolvida dentro da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, destinada á investigación e difusión do castro de San Cibrao de Las e da cultura castrexa en Galicia. A infraestructura consta dunha zona exterior, na que se atopa o castro, preparado para a visita, e un centro de interpretación onde, mendiante unha montaxe expositiva, explícanse as claves para o coñecemento e comprensión da cultura castrexa e da evolución do castro e das persoas que o crearon e viviron alí. Esta publicación é unha guía de visita para completar a oferta divulgativa do Parque Arqueolóxico e afondar máis no que pode verse na exposición.

28,00 €

Libro catálogo que recolle unha serie de artigos sobre a figura de san Francisco de Asís e a tradición da súa peregrinación a Santiago de Compostela hai 800 anos. Ademais presenta o catálogo de obra da exposición do mesmo nome que se inaugurou en agosto de 2013 en Asís (pintura, ourivería, escultura, etc.).

0,00 €

Nesta publicación preséntase e analízanse os resultados da execución do programa de redución denominado "Mapa de risco químico de Galicia" desenvolvido polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral durante tres anos. Infórmase acerca do emprego dos produtos químicos perigosos presentes en empresas do sector industrial en Galicia.

0,00 €

A través de fichas, este folleto infórmanos sobre as medidas que deben adoptar as mulleres na etapa de embarazo e lactación natural en relación coa prevención de riscos laborais en traballos no agro: os produtos químicos e a maternidade, a exposición a axentes químicos perigosos, o traballo con produtos químicos perigosos, os axentes biolóxicos e materiais, sobreesforzos, riscos posturais, etc.

Edición do número 24 (ano 2014) da revista Croa, órgano de expresión científica e difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborado polo propio centro, coa colaboración da súa Asociación de Amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve ademais para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

0,00 €

Unidade didáctica destinada a alumnado da ESO e Bacharelato e realizada dende a perspectiva dunha pedagoxía da igualdade de xénero. A proposta baséase no telefilme A Condesa rebelde, unha aproximación á perxonaxe histórica de Emilia Pardo Bazán. O exemplar impreso acompáñase dun DVD onde consta o filme, un documental sobre Emilia Pardo Bazán, apropia unidade didáctica en versión para o alumnado e para o profesorado e as secuencias da película sobre as que se desenvolve o traballo.

Guía coa información necesaria sobre que facer en caso de ser vítima ou de coñecer un caso de violencia de xénero así como sobre os recursos e axudas existentes na nosa Comunidade Autónoma. Trátase por tanto dunha ferramenta informativa práctica en relación ás distintas posibilidades que a normativa vixente pon ao teu alcance para poder exercer os teus dereitos, tanto a nivel persoal como cara ao maltratador.

Documento que describe o proceso de atención dos pacientes afectos por un trastorno aditivo, centrándose en asegurar unha atención sanitaria de calidade con garantía de atención semellante a calquera outra patoloxía, regulando a forma de acceso dos pacientes a esta prestación sanitaria e asegurando o seu seguimento con criterios de calidade.