Catálogo

Amosando 2509 - 2520 de 2812

Esta publicación proporciona un coñecemento sobre as variables básicas que determinan a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma Galega (ámbito autonómico e desagregado por provincias) co obxecto de que sirva de fundamento para a instrumentación de políticas públicas orientadas á mellora da situación do mercado de traballo.

O ISSGA ten entre as súas funcións a elaboración dunha memoria anual das súas actividades que presenta ante o Parlamento de Galicia para os efectos de control deste organismo.
A memoria, coas actuación máis destacadas levadas a cabo no ano en curso estrutúrase en sete puntos: a estrutura e organización, os recursos, a actividade institucional, as relacións con outros organismos, a actuación técnica, o directorio e os anexos.

Obra en colaboración na que se reúnen todas as intervencións que con motivo da realización do Congreso Internacional sobre envellecemento activo organizado pola Secretaría Xeral de Política Social, tivo lugar na Coruña os días 15 e 16 de novembro de 2012. A publicación estrutúrase baixo 5 tipos de intervencións: Conferencias plenarias, Mesas redondas, Comunicacións, Obradoiros e Póster. Por tratarse dun recurso electrónico, a través de enlaces, accédese aos arquivos das presentacións.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

0,00 €

Manual de calidade adoptado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) como vehículo de expresión do seu compromiso coa mellora continua da calidade na prestación dos servizos públicos para persoas maiores e dependentes. Acompaña a publicación un CD-Rom cos seguintes documentos:
Anexo1: Norma UNE_EN ISO 9001:2008
Anexo 2: Manual técnico SSCC rev6
Anexo 3: Manual técnico Centros rev 2