Trátase dun folleto divulgativo dos contidos da visita á "Domus do mitreo" en Lugo, cuxa musealización realizouse no contexto da aparición dos restos dunha domus romana e un mitreo cando se facían as obras de rehabilitación do Edificio Pazo dos Montenegro para sede do Vicerreitorado da Universidade de Santiago no Campus de Lugo. O folleto achega ao visitante ao contexto cultural dos restos e fai unha pequena referencia ao uso das distintas estancias.