Dirixido á información sobre os recursos dirixidos para o apoio e a integracións das mulleres vítima de explotación sexual para mellorar a súa saúde e benestar persoal.
Dirixido á información sobre os recursos dirixidos para o apoio e a integracións das mulleres vítima de explotación sexual para mellorar a súa saúde e benestar persoal.
Esta guía xorde coa finalidade de axudar as persoas solicitantes en Galicia a coñecer máis en profundidade que son as entidades colaboradoras de adopción internacional e en que consiste o seu labor.
Con esta guía, a Dirección Xeral de Familia e Inclusión pretende axudar as persoas que se dirixen á adopción internacional a coñecer e comprender cal é o papel destas entidades no proceso de intermediación: que condicións deben cumprir e cales son as súas funcións, obrigas e dereitos co fin de ofrecer información a todas as persoas interesadas en emprender un proceso de adopción.
Publicación do equipo de Inclusión de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario, entre participantes e potenciais participantes no II Plan Galego de Inclusión Social.
Folleto informativo sobre o programa Xantar na Casa, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e os concellos de Galicia adheridos a este programa. Dirixido a colectivos de persoas maiores e persoas en situación de dependencia, ten como finalidade prestar apoio domiciliario a estes colectivos mediante prestacións alimentarias para mellorar a calidade de vida e a autonomía dos seus usuarios. O folleto vén acompañado dun DVD cun vídeo divulgativo do programa.
Informe de seguimiento 2012 no que se dá conta das actuacións implantadas polo Goberno galego en resposta á programación establecida no Plan galego das persoas maiores 2010-2013, horizonte 2015. Estrutúrase en catro capítulos aos que acompaña información complementaria que completa a información analizada.
Folleto en castelán recordatorio das boas prácticas na prevención de riscos laborais na extracción de recursos específicos na pesca.
17 fichas para a prevención de riscos laborais en traballo con pedra (canteiras): uso de explosivos, caída de obxectos, riscos nos lugares de traballo, risco eléctrico, exposición a ruído de a pó, primeiros auxilios, sinalización, etc.
Neste documento recóllense os datos relativos ás actuacións executadas durante o exercicio 2012 no marco do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013, a partir dos indicadores de seguimento definidos para cada actuación deste plan. Respéctase a estrutura dos anos anteriores en canto a descrición de traballos realizados, resumo estatístico das actuacións por áreas, alcance da actividade do plan e resultados acadados e grao de actividade/execución por área de intervención. Por último acompañan a publicación anexos que complementan o contido con datos de gran interese.
16 fichas par a prevención de riscos laborais no uso de fertilizantes: definición, etiqueta, fichas de datos de seguridade, o traballo con fertilizante, almacenamento, epi e lexislación.
16 fichas par a prevención de riscos laborais no uso de fertilizantes: definición, etiqueta, fichas d edatos de seguridade, o traballo con fertilizante, almacenamento, epi e lexislación.
Nesta publicación defínense os praguicidas e a súa composición e clasificación. Estes analízanse desde o punto de vista da prevención de riscos laborais: avaliación de riscos, medidas preventivas, formación e información e vixilancia da saúde.