Catálogo

Amosando 865 - 876 de 1004

A Guía do peregrino para situacións de emerxencia sanitaria, editada en galego e castelán, inclúe consellos para realizar o Camiño de Santiago, unha guía de primeiros auxilios, mapas que sinalan os puntos de asistencia sanitaria no Camiño Francés e indicacións sobre como porse en contacto co 061 no caso de necesitar asistencia sanitaria.

Folleto no que se expoñen consellos para os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago. Tamén inclúe a Tarxeta Sanitaria do Peregrino, os puntos de atención continuada no Camiño Francés e o dispositivo asistencial da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia para o Xacobeo 2010.

Neste informe preséntanse os resultados detallados e desglosados por unidades de exploración dunha enquisa realizada a mulleres que participaron no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama. A enquisa foi realizada nos meses de maio e xuño de 2008.

Neste informe preséntanse os resultados dunha enquisa realizada a mulleres que participaron no Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama e posteriormente foron derivadas ás unidades de diagnóstico e tratamento dos hospitais da rede pública e centros concertados para confirmación diagnóstica. A enquisa foi realizada nos meses de maio e xuño de 2008 e os resultados preséntanse desglosados por centro.

Informe que describe o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama,obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2008.

O manual de consultoría médica telefónica é un libro de consulta dividido en dez seccións con diversos temas. Cada un deles consta dunha introdución, un interrogatorio médico telefónico coa orientación diagnóstica, unha serie de recomendacións dependendo dos síntomas que relata o paciente e as diferentes respontas que se lle ofrecen, dependendo da presunta gravidade, así como unha bibliografía.

Evaluación do porcentaxe de deteción do ganglio centinela nol cáncer de vulva e a precisión diagnóstica da proba, mediante a determinación da súa sensibilidade e do valor predictivo negativo. Determinar as complicacións que poden dar lugar a dita tecnoloxía e a aparición de recaída a longo prazo.