Catálogo

Amosando 721 - 732 de 1004

A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, procura a modificación dos patróns alimentarios e de actividade física da poboación xeral e de grupos específicos en particular. Parece existir consenso ao afirmar que as poboacións con dieta rica en vexetais e froitas e dieta baixa en graxas animais, carnes roxas e/ou calorías, presentan menos risco de padecer algúns dos máis frecuentes tipos de cancro. A fibra é un compoñente esencial dentro dunha dieta saudable, a inxestión diaria de fibra proporciona moitos efectos beneficiosos no organismo, contribúe ao mantemento da saúde e prevén a aparición de distintas enfermidades. Nesta publicación proponse 20 menús, que inclúen pratos ricos en fibra que poden axudar a cubrir a recomendación diaria.

Neste informe preséntanse os resultados e principais conclusións dunha enquisa realizada a mulleres que participaron no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama. A enquisa foi realizada nos meses de maio e xuño de 2008. Ademais destes resultados preséntase información adicional da evolución experimentada desde 1998.

Boletín no que se presenta o medicamento DRONEDARONA, antiarrítmico indicado no mantemento do ritmo sinusal despois de cardioversión efectiva en pacientes adultos e clinicamente estables con fibrilación auricular paroxística ou persistente, centrándose na análise de eficacia e seguridade

Boletín no que se presenta o medicamento DRONEDARONA, antiarrítmico indicado no mantemento do ritmo sinusal despois de cardioversión efectiva en pacientes adultos e clinicamente estables con fibrilación auricular paroxística ou persistente, centrándose na análise de eficacia e seguridade

0,00 €

Trátase da actualización e reedición dos diferentes protocolos de actuación que debe ter en conta os diferentes actores do sistema sanitario ante un doente que sufre un Ictus. A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela conta cunha unidade de Ictus que establece e revisa periódicamente as novidades en canto a protocolos de actuación e diagnóstico, así como os tratamentos necesarios que deben acometer os servizos implicados, como atención primaria, urxencias ou neuroloxía nos sanitarios cando se enfrontan a un paciente cun Ictus. O documento establece as pautas para o colectivo de enfermería e facultativos.

O manual de primeiros auxilios elaborado polo persoal sanitario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 consta de 25 capítulos nos que a través de sinxelas explicacións indica á cidadanía como actuar no caso de atoparse ante unha situación de urxencia sanitaria.

Autor/a
Cortiñas Álvarez
Manuel
Coautor/a
Luque Suárez
Silvia
Lingua/s
Castelán

O programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, desdo o ano 1988. Na nosa comunidade a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final de temporada téñense, polo menos, 8 controis que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real decreto 1341/2007, de 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño). Cos resultados obtidos en cada temporada elebórase o Informe técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A publicación é en formato electrónico. Nesta diferéncianse dous apartados, o informe e os anexos. No anexo III móstrase unha ficha de cada zona de baño incluída no programa no que se poden consultar os datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño, a estatística microbiolóxica de cada punto de mostraxe e a clasificación sanitaria final de cada unha.

Formato libro en papel e formato electrónico en pdf para poñer na web do Sergas co obxectivo de rexistrar información clínica antecedentes médicos persoais e familiares, antecedentes obstétricos, datos dos controis prenatais do actual embarazo e probas complementarias, atención ao parto e posparto co fin de que a muller posúa un documento con toda a información de interese sobre a súa xestación que lle permita ser atendida en calquera centro ante calquera urxencia pero tamén facilita a comunicación entre os distintos profesionais que atenden á muller durante o embarazo e parto. O documento leva unha segunda parte que contén información sanitaria de interese para a muller tanto sobre o embarazo, parto e puerperio como sobre a crianza, lactación materna e enlaces para ampliar a información e lograr mellorar a saúde perinatal. O nº de partos nos hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde no 2011 foi de case 19.000 por iso se pretende realizar unha tirada de 20.000 exemplares por ano.

Publicación que recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida a doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén recolle os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos. En canto á Oficina descríbense as actividades desenvolvidas pola mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.