Catálogo

Amosando 13 - 24 de 230
31,00 €

Esta publicación é un compendio froito da actividade que co título Peza do mes se vén desenvolvendo, de forma ininterrompida, desde febreiro de 1999, nacida da inquietude de dar a coñecer e pór en valor a interesante e variada colección dos fondos deste museo. A súa práctica foi a ocasión de sacar á luz e de pór ao servizo da investigación pezas dun alto valor documental, moitas delas agochadas e custodiadas nos almacéns e, en consecuencia, ignoradas tanto para o público en xeral coma para os especialistas nas distintas disciplinas.

26,00 €

Cronología jacobea. Una visión de conjunto de las peregrinaciones compostelanas describe cunha óptica diacrónica o desenvolvemento das peregrinacións xacobeas. Desde a súa primeira lectura encarámonos cunha realidade múltiple, con altos e baixos, cunha articulación complexa que reflicte o vaivén da historia e cunha gran sorpresa final: o incontido renacemento das peregrinacións dos nosos días. Un proceso que vemos desenvolverse a través do gran material recollido e ordenado por datas, coas súas correspondentes referencias bibliográficas esenciais, e introducido en cada século polo comentario claro, esencial e certeiro de Francisco Singul —tamén do propio Manuel F. Rodríguez en varios casos—, e prologado por Paolo Caucci von Saucken.

35,00 €

As actas do XII Congreso internacional de estudos xacobeos son o resultado de darlle continuidade ao longo proceso que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago iniciou no ano 1992, abrindo novas fronteiras á investigación. Nesta ocasión, un grupo de profesionais reuniuse na cidade de Santiago de Compostela, do 22 ao 26 de marzo de 2022, co propósito de analizar a peregrinación xacobea das derradeiras décadas; unhas xornadas divididas en tres epígrafes: o saber da investigación, o andar das redes de itinerarios e hospitais, e o crer da espiritualidade e das devocións do Camiño. O congreso pon de manifesto, unha vez máis, a relevancia dos relatores e a calidade e variedade das intervencións, con recoñecidos investigadores de España, Alemaña, Canadá, Italia, Francia, Polonia, Xapón, Grecia e os Estados Unidos.

23,28 €
Editor/a literario/a
Liñares Giraut
X. Amancio
Lingua/s
Galego

"Manuel Murguía. Homenaxe" é unha edición preparada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en conmemoración do centenario do falecemento do historiador e polígrafo Manuel Martínez Murguía (1833-1923).
Na publicación faise un rescate dun fragmento do nº 246 de "Galicia" (“Revista oficial del Centro Gallego de Buenos Aires”, xuño, 1933), que recolle unha solemne homenaxe tributada a Murguía en Bos Aires, onde se inclúe como parte esencial a edición facsimilar da crónica dese evento, así como unha descrición e análise do contido da mesma.
Este libro compleméntase cuns Anexos, que reproducen o Discurso de Manuel Murguía nos Xogos Florais de Tui (1891); o artigo “Manuel Murguía, o gran precursor”, de Francisco Fernández del Riego; Cronobiografía (de Teresa Monteagudo Cabaleiro e Luís Alonso Girgado) mais unhas ilustracións murguianas achegadas por Siro López.

Edición do número 32 da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

 

 

Edición do número 31 da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

 

 

Edición do número 33 da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

 

 

En 1978, Ediciós do Castro publicou o número 5 de "Cuadernos do Laboratorio de Formas de Galicia" no que recollía a visión e recordos de persoas que tiveron relación, directa e indirecta, co Seminario de Estudos Galegos. Así, Fernández del Riego, Antonio Fraguas, Carballo Calero, Filgueira Valverde e outros persoeiros da cultura galega puideron ver, daquela, recollidas as súas reflexións sobre o SEG e o seu papel dende unha perspectiva científica e cultural de Galicia.
O Centro Ramón Piñeiro, a través da súa colección "Olladas no Pasado", quere darlle a importancia debida a este caderno cunha edición facsimilar, acompañada dun estudo introdutorio de Alfonso Mato, no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos.

Número XIV da revista científica multilingüe Ad Limina, de carácter multidiscipliar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión trátase dun número monográfico especial dedicado a Cataluña e o Camiño de Santiago.

16,85 €
Autor/a
Beramendi
Justo
Lingua/s
Galego

O proxecto Ámbito de Estudos en Historia Contemporánea do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades comeza a súa andaina con este primeiro volume da colección Olladas no Pasado que leva por título A Galicia do século XX.
Partindo dunha serie de capítulos dun libro anterior do profesor Justo Beramendi, ademais de deitar unha ollada os principais socalcos da Historia de Galicia ao longo do século XX, dende os tempos das Irmandades da Fala e de Nós, ata a Transición e a Autonomía, pasando pola longa noite de pedra, reprodúcese unha extensa entrevista ao autor e inclúese unha ampla biobibliografía e unha pertinente cronoloxía.

Número XIII da revista científica multilingüe, Ad Limina, de carácter multidisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, trátase dun número monográfico especial dedicado á “Cultura escrita, mulleres e peregrinación na Europa Medieval”.