Catálogo

Amosando 1381 - 1392 de 2039

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácater autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).

Entidade
Instituto Galego das Cualificacións
Lingua/s
Galego

Información estruturada a través de fichas nas que se nos proporciona un estudo pormenorizado do mercado laboral galego nas 53 comarcas da Comunidade Autónoma de Galicia e nas que se achegan datos de poboación, paro rexitrado e contratación.

Entidade
Instituto Galego das Cualificacións
Lingua/s
Galego

Información estruturada a través de fichas nas que se nos proporciona un estudo polo miúdo do mercado laboral galego nas 4 provincias da Comunidade Autónoma de Galicia achegando datos de poboación, paro rexitrado e contratación.

Documento informativo que aborda conceptos e figuras de interese no ámbito da coordinación de actividades empresariais en reparación de buques pesqueiros. Tamén analiza os obxectivos e procedementos de coordinación establecidos desde os preliminares das obras ata o seu fin.

Conxunto de datos relativos aos accidentes de traballo rexistrados en Galicia no ano 2014. Trátase dun avance, previo á publicación do anuario, no que se amosan datos referidos aos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral de Galicia.