Catálogo

Amosando 805 - 816 de 2812
Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, presenta un novo número. Este volume n.º 20, correspondente ao ano 2018, está composto por catro artigos que xiran arredor das novas tecnoloxías aplicadas á fraseodidáctica, da paremioloxía galega do viño e da fraseoestilística da tradución poética bielorrusa. Tamén se inclúen unha escolma da fraseoloxía de Tabeirós extraída da obra Contiños da Terra (1931) de Manuel García Barros, sete recensións de obras relevantes do eido e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2018

Autor/a
Aguayo Lorenzo
Eva... [et al.]
Lingua/s
Galego

Este traballo ten por principal obxectivo afondar no coñecemento do senfogarismo feminino en Galicia, poñendo o foco nas mulleres. Preténdese, así mesmo, coñecer como se están a atender as súas necesidades.. A mellora no coñecemento das mulleres que son atendidas polos servizos sociais, do seu perfil sociodemográfico e sociolaboral, así como dos servizos dos centros de que son usuarias, e das necesidades detectadas ten por obxectivo último que as mulleres en situación de senfogarismo poidan saír da situación de exclusión social en que se atopan en Galicia.

9,50 €
Autor/a
Cortegoso
Santiago
Lingua/s
Galego

Nº 6 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
O charco de Ulises dá corpo a unha nova produción do CDG, unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto trasatlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Bos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.
A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético.
Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíse dela.

Edición do número 29 (ano 2019) da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

 

 

Edición do número 28 (ano 2018) da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

 

 

Edición do número 30 da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

 

 

Edición do número 27 (ano 2017) da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

Editor/a literario/a
González
Déborah
Lingua/s
Galego

A monografía, que corresponde ao nº 2 da serie ArGaMed, reúne unha serie de capítulos a cargo de especialistas consagrados nos estudos medievais, con dedicación á lírica trobadoresca, dando prioridade aos enfoques lingüístico, sociolingüístico e pragmático. Entre as páxinas do volume, o lector poderá encontrar traballos con dedicación a diferentes cuestións lingüísticas. Ademais, convídase o lector a reflexionar sobre a formación da tradición manuscrita galego-portuguesa, a partir do recoñecemento de estratos scripto-lingüísticos diferentes. Tamén se reflexiona sobre a circulación dunha antoloxía de cantigas medievais en época posterior ao movemento trobadoresco, a partir do exame da localización e autoría das composicións "espurias", de incorporación máis recente. Coa finalidade de ofrecer unha nova hipótese sobre a identidade do autor, tamén se atende a algún problema grave de atribución, entre os aínda persistentes no cancioneiro galego-portugués. Tamén se proporciona unha ampla aproximación á produción trobadoresca galego-portuguesa desde unha perspectiva sociolingüística. Así mesmo, lévase a cabo unha avaliación de usos e expresións concretas en relación co xénero lírico, así como do uso do galego nunha das máis célebres composicións plurilingües do período trobadoresco.