Catálogo

Amosando 781 - 792 de 993

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1993. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, dende o ano 1988. Na nosa Comunidade Autónoma a tempada de baño estabécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xaneiro ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da tempada téñense os controis que son os necesarios para clasificar sanitariamente as zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, de 11 de octubre, sobre la gestión de la calidad de las aguas de baño). Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A publicación en formato electrónico diferencíase en dous apartados, o informe e os anexos. No anexo II móstrase unha ficha de cada zona de baño incluída no programa no que se poden consultar os datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño, a estatística microbiolóxica de cada punto de mostraxe e a clasificación final de cada unha.

Autor/a
Lema Varela
Leonor
Lingua/s
Castelán

O principal obxectivo de este informe é avaliar a afectividade e seguridade da braquiterapia da alta tasa de dosis, no tratamento de tumores de cabeza e colo. Preténdese coñecer os beneficios desta técnica respecto a outros tratamentos convencionais (radioterapia externa, excisión cirúrxica, quimioterapia y braquiterapia de baixa taxa) ou outras novas modalidades de tratamento (radioterapia de intensidade modulada, radioterapia estereotáctica, etc).

O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, problación obxectivo, proba de cribado, estructura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2002-2011.

Publicación electrónica dirixida a todos os profesionais do ámbito da nefroloxía. Nela descríbese a epidemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos tanto a diálise como o transplante na Vomunidade Autónoma de Galicia. Descríbense os datos correspondentes ao ano 2011 e a evoluición dos últimos anos

Este documento ten características especiais na edición por que responde a requisitos de edición do Plan de Calidade para o SNS, aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010. O prezo de venta ao público estipúlase dentro do Plan de Calidade para o SNS.

Informe anual ampliado descritivo das características dos casos de tuberculose rexistrados en Galicia no ano 2010, facendo tamén referencia á evolución desde o ano 1996 (1º ano avaliado desde a posta en marcha do Programa galego de prevención e control da tuberculose).

É unha publicación electrónica no venial y gratuita que presenta unha serie de medidas sistemáticas, concatenadas e avaliadas pola evidencia científica dispoñible e polo consenso de expertos sobre as medidas que se deben tomar nas organizacións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, aunque son aplicables a organizacións similares- cando se produce un incidente grave de seguridade que afecte a un paciente, ou o que é o mesmo, un evento adverso grave, que en ocasións terá consideración de evento centinela.

Publicación dirixida a técnicos e ONG que traballan no campo do VIH-sida, sobre as novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana. De maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando a problemática se considera desde a perspectiva da infección e non da enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas, prácticas de risco e distribución temporoespacial