Estudo da casa de Contratación da Coruña, no mercado das especias entre a Península e a América que se acababa de descubrir, como institución que semellaba ser un motor de pulo para o desenvolvemento da economía galega, e que rematou no s. XVI.
Estudo da casa de Contratación da Coruña, no mercado das especias entre a Península e a América que se acababa de descubrir, como institución que semellaba ser un motor de pulo para o desenvolvemento da economía galega, e que rematou no s. XVI.
Esta publicación é o resultado do informe feito no ano 2002 polos departamentos de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo e de Socioloxía da Universidade da Coruña no marco do Proxecto Cidade Difusa no Noroeste Peninsular, correpondente a un programa Interreg 2C-Espazo Atlántico, da Unión Europea.
O obxecto principal do referido proxecto buscaba visualizar e interpretar o sistema urbano-territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como estudar as súas tendencias e dinámicas de evolución.
Nesta obra Ramón Villares e Marcelino Fernández fan unha aproximación global ao feito migratorio galego con destino a América, aproximación feita desde dúas vertentes ben diferenciadas: nunha ofrécese unha visión máis ampla que atinxe ao marco xeral europeo e á propia historia de Galicia e noutra, máis sistemática, exponse o proceso migratorio galego desde o Antigo Réxime ata o repunte final da emigración americana nos anos da posguerra.
Manual que proporciona información básica para desenvolver o traballo de laboratorio en condicións seguras en consonancia co que marca a lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais. Ademais de abordar os principais perigos e riscos, a guía inclúe normas de conduta e protocolos de actuación en caso de accidente. No documento considéranse fundamentais os riscos producidos nun laboratorio onde exista unha exposición a axentes químicos
Libro-guía dos camiños de Santiago en Galicia, con mapas e ilustracións a cor e textos de Cristóbal Ramírez.
Libro-guía dos camiños de Santiago en Galicia, con mapas e ilustracións a cor e textos de Cristóbal Ramírez.
Publicación de periodicidade anual dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia. Elabórase coa información obtida dos partes de accidentes de traballo e enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral galega. A explotación estatística realízase clasificando os accidentes segundo o grao da lesión e outras variables como sectores de actividade, natureza da lesión, etc. Tamén se ten en conta os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral, indicándose de xeito separado, o número de accidentes in itínere. A información agrúpase en cinco epígrafes: Accidentes de traballo con baixa, Accidentes de traballo mortais, Enfermidades profesionais, Variación interanual dos accidentes con baixa en xornada de traballo nos últimos dez anos, ndices de incidencia
Catálogo das escolas obradoiro, casa de oficio e obradoiros de emprego de Galicia correspondente ao ano 2010. Comprende unha reseña das principais actuacións e características dos traballos e actividades formativas realizadas en cada un dos proxectos, acompañadas dunha reportaxe fotográfica ilustrativa. Así meso, recolle a localización xeográfica dos proxectos e os datos estatísticos provinciais e autonómicos.
A Lei 31/1995, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais supuxo un cambio radical na forma de entender a seguridade e saúde laboral dos traballadores que pasa de ter un carácter proteccionista a analizar, identificar, avaliar e reducir os riscos derivados do traballo. Esta guía ten como finalidade coñecer e identificar os riscos, por un lado e facilitar e mellorar as condicións laborais dos traballadores e o seu benestar en xeral.
Guía básica do Issga dedicada á especialidade de ergonomía no traballo